María Dolores Toja Suárez, nada en Londres en 1972, é unha economista e política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Licenciada en Ciencias Empresariais pola Universidade da Coruña. É mediadora civil e mercantil do Colexio de Economistas da Coruña. Foi tenente de alcalde do concello de Laxe. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixida deputada polo PSdeG-PSOE pola provincia da Coruña.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia
Categoría:Concelleiros de Laxe Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1972 Categoría:Galegos do Reino Unido Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia