A Monster Calls é un filme español-estadounidense de fantasía dirixido por Juan Antonio Bayona, baseado na novela de 2011 Un monstro vén a verme, de Patrick Ness, quen tamén escribiu o guión. O filme está protagonizada por Lewis MacDougall, Liam Neeson, Felicity Jones, Sigourney Weaver, Toby Kebbell e Geraldine Chaplin. A estrea foi o 7 de outubro de 2016, por Focus Features.
Sinopse Connor (Lewis MacDougall) é un rapaz de 12 anos que, tras a separación dos seus pais, se converte no home da casa e o encargado de levar as rendas do fogar. Coa súa nova nai (Felicity Jones) doente de cancro, o pequeno tentará superar todos os seus medos e fobias coa axuda dun monstro-teixo (dobrado na versión orixinal por Liam Neeson). Fantasía, contos de fadas e historias imaxinarias do pequeno veranse as caras non só coa realidade, senón coa súa fría e calculadora avoa (Sigourney Weaver). Con este novo traballo J.A. Bayona pecha unha triloxía sobre as relacións nai-fillo, que iniciou con El orfanato e continuou con The Impossible.
Personaxes Lewis MacDougall como Connor Liam Neeson como O Monstro Felicity Jones como a Nai Sigourney Weaver como a Avoíña Toby Kebbell como o Pai Geraldine Chaplin James Melville como Harry Lily-Rose Aslandogdu como Lily Jennifer Lim como a Señorita Kwan Frida Palsson como a nai de Lily
Produción O 5 de marzo de 2014, Focus Features comprou os dereitos cinematográficos do libro por 20 millóns de dólares. A película sería dirixida por Juan Antonio Bayona e escrita polo autor do libro, Patrick Ness. O 23 de abril de 2014 Felicity Jones uniuse ao filme para interpretar a nai do neno. O 8 de maio, Liam Neeson uniuse ao filme para interpretar o Monstro. O 18 de agosto, Sigourney Weaver uniuse para interpretar a avoa do neno. O 19 de agosto, Toby Kebbell tamén se uniu ao filme. O 3 de setembro, o autor Ness twiteou que Lewis MacDougall fora escollido para o papel principal do filme. O 30 de setembro Geraldine Chaplin uniuse ao elenco.
Rodaxe A fotografía principal da película comezou o 30 de setembro de 2014, a rodaxe tivo lugar en España e Inglaterra. O 9 de outubro, a rodaxe comezou en Preston, Lancashire e Manchester
Estrea O filme estreouse o 7 de outubro de 2016, por Focus Features.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Juan Antonio Bayona Categoría:Filmes de Focus Features Categoría:Filmes de Entertainment One Categoría:Filmes de Participant Media Categoría:Filmes de Telecinco Cinema Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes sobre a morte