Cynric de Wessex foi rei de Wessex entre 534 e 560. Traxectoria Reinado Todo o que se coñece acerca del procede da Crónica anglosaxoa, na cal existen algunhas contradicións. Por unha banda, asegúrase que Cynric é fillo de Cerdic, pero na lista de reis incluída no prefacio figura como o fillo de Creoda (outro fillo de Cerdic).

Durante o seu reinado dise que conquistou algunhas zonas próximas a Salisbury, como Searobyrig ou Old Sarum, en 552. Tamén figura na Crónica anglosaxoa que en 556 gañou unha batalla aos Britanos en Beranburh -identificada na actualidade como o castelo de Barbury-, xunto ao seu fillo Ceawlin. Se iso fose correcto, habería máis imprecisións na Crónica, pois nela aparece que Cerdic chegou xunto co seu pai a Bretaña en 495. O historiador David Dumville suxeriu que as datas reais do reinado de Cynric puidesen ser posteriores, entre 554 e 581.

Etimoloxía O nome de Cynric procede da lingua anglosaxoa e vén significar algo así como parentesco-mandatario. Do mesmo xeito que o seu predecesor Cerdic e o seu sucesor Ceawlin, o seu nome ten unha etimoloxía alternativa, vinculada co termo celta "cunorix", que viría significar rei-can. En 1967 atopouse unha pedra en Wroxeter en contexto posromano coa inscrición CUNORIX MACUS MAQVI COLINE. Isto, aparentemente en gaélico, sería outra reminiscencia etimolóxica.

Cynric na cultura popular En 2004, na película O rei Artur: A verdadeira historia que inspirou a lenda, Cerdic e Cynric eran presentados como invasores sajones e eran asasinados, respectivamente, polo Rei Arturo e por Lanzarote do Lago na batalla do Monte Badon. Cynric, nesa película, foi interpretado por Til Schweiger. Véxase tamén Bibliografía Peter Clemoes, Simon Keynes, Michael Lapidge (1981). Anglo-Saxon England, Cambridge University Press. Laing, L.R. (1975). The archaeology of late Celtic Britain and Ireland, c. 400-1200 AD, Taylor & Francis. John Nowell Linton Myres (1989). The English Settlements, Oxford University Press.

Categoría:Finados no século VI Categoría:Nados no século V Categoría:Reis de Wessex