Ceolwald de Mercia puido ser un rei de Mercia ao redor de 716. Traxectoria Ceolred, fillo de Aethelred e neto de Penda, morreu en 716. A maioría das listas dos reis mercios rexistran que Ceolred foi sucedido por Aethelbald, que non era descendente de Penda. Con todo, unha destas listas procedente da Catedral de Worcester, rexistra que Ceolred foi sucedido por Ceolwald. Pola similitude dos seus nomes, Ceolwald parece ser irmán de Ceolred e o último dos descendentes directos de Penda que gobernou en Mercia. Poida que Ceolwald fose rei por un curto período de tempo, xa que Aethelbald se converteu en rei ao ano seguinte da morte de Ceolred. Véxase tamén Bibliografía Kirby, D.P., The Earliest English Kings. Londres: Unwin Hyman, 1991. ISBN 0-04-445691-3 Yorke, Barbara, Kings and Kingdoms in Early Anglo-Saxon England. Londres: Seaby, 1990. ISBN 1-85264-027-8
Categoría:Reis de Mercia Categoría:Finados no século VIII