Giacomo Savelli baiso o nome de Honorio IV, nado en Roma cara ao ano 1210 e finado o 3 de abril 1287, foi o papa n.º 190 da Igrexa católica de 1285 ata 1287.

Biografía Giacomo Savelli naceu no seo dunha influente familia romana aristocrática, era sobriño neto do papa Honorio III, do cal toma o nome para subir ao trono pontifical. Foi nomeado cardeal por Urbano IV. Realizou estudos na Universidade de París ata que foi nomeado reitor da igrexa de Berton situada na diocese de Norwich (Inglaterra), país que non obstante nunca visitou. Carreira eclesiástica Giacomo Savelli terá, antes da súa elección como papa, unha notable actividade diplomática ao servizo de varios pontífices. A súa carreira como legado iníciase cando, en 1261, Urbano IV o unxa cardeal diácono de Santa María, en Cosmedin; así como prefecto papal en Toscana e capitán do exército pontificio.

Pontificado O conclave de Perugia o 2 de abril 1285 elixiu Giacomo Savelli e foi consagrado papa o 20 de maio.

Durante o seu reinado eliminará dos Estados da Igrexa os bandoleiros que a infestaban.

Honorius IV inmíscese nos asuntos do reino de Sicilia para combater as pretensións dos españois.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina sobre Honorio IV na Catholic Encyclopedia

Categoría:Papas Categoría:Finados en 1287 Categoría:Nados en Roma