127 Hours é un filme estadounidense de xénero dramático e biográfico dirixido, coescrito e producido por Danny Boyle que se estreou no 2010. Está protagonizado por James Franco que interpreta a Aron Ralston. En 127 Hours, o barranquista Aron Ralston queda atrapado por un bloque de pedra nun canón de fenda illado de Blue John Canyon, no sueste de Utah, en abril de 2003. Foi producido por Everest Entertainment, Film4 Productions e HandMade Films.
O filme, baseado nas memorias de Ralston Between a Rock and a Hard Place (2004), foi escrito por Boyle e Simon Beaufoy, producido por Christian Colson e John Smithson, e conta con banda sonora de A. R. Rahman. Beaufoy, Colson e Rahman xa tiñan traballado anteriormente con Boyle en Slumdog Millionaire (2008). 127 Hours foi ben recibido pola crítica e a audiencia, e foi nomeado a seis Premios Óscar, incluíndo mellor actor para Franco e mellor filme.
Personaxes James Franco como Aron Ralston Kate Mara como Kristi Moore Amber Tamblyn como Megan McBride Clémence Poésy como Rana Lizzy Caplan como Sonja Ralston Kate Burton como Donna Ralston Treat Williams como Larry Ralston
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Danny Boyle Categoría:Filmes de Dune Entertainment Categoría:Filmes de Film4 Productions Categoría:Filmes con banda sonora de A. R. Rahman Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes ambientados en 2003 Categoría:Filmes de Fox Searchlight Pictures Categoría:Filmes de Pathé Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes sobre supervivencia