O macizo do Forgoselo, na comarca das Pontes de García Rodríguez é unha cordilleira montañosa de rocha granítica principalmente, e con presenza de lousas e cuarcitas na cara oeste da serra, no monte das Louseiras. A cordilleira está composta por veigas de importante valor ecolóxico e xeolóxico.Que ver nas Pontes , en eumeturismo.org. Na vexetación do monte homónimo predominan as queirugas. O macizo esténdese de oeste a leste polos concellos de Neda, San Sadurniño, A Capela e As Pontes. O outro monte do macizo é o monte Fontardión.O CONTORNO DAS FRAGAS DO EUME: OUTROS HÁBITATS DE INTERESE , artigo de Carlos Vales publicado en Cátedra. Revisa eumesa de estudios. p. 235. Os puntos de maior altura son o alto de Racamonde con 542 metros sobre o nivel do mar, e a pena do Escoitadoiro, situada a 518 msnm.Paisaxe de San Sadurniño, na páxina do Concello.

Na serra abundan os cabalos ceivos, o gado bóvido baseado en vaca rubia galega, as lebres, os coellos, xabariles, cervos, corzos, raposos, ourizos ou lobos. Nas brañas atopamos numerosas especies de anfibios e insectos, así como gran cantidade de especies vexetais adaptadas a este tipo de lugares húmidos e frescos. A árbore predominante, aínda que escasa por ser unha zona deforestada durante séculos para a explotación animal, é o piñeiro, que nos últimos tempos estase a ver afectado por unha praga.

A relación do home coa cordilleira data da prehistoria, e as actividades humanas modificaron notablemente o ecosistema, existindo restos megalíticos tales como as mámoas, e sendo a deforestación con motivos agropecuarios realizada na Idade Media ou antes, a principal razón da existencia das veigas e brañas existentes a día de hoxe na serra. Na actualidade destaca a creación de pistas para coches sobre os antigos camiños, a presenza de eólicos ao longo da cordilleira, os valados, xa señan en tradicional pedra como os presentes no lugar de Racamonde, ou os realizados de arame máis modernos. Tamén se ten celebrado nos distintos curros da zona a ¨Rapa das Bestas¨.

Notas

Véxase tamén Bibliografía VALES, C. Forgoselo, Espacio Natural. Bahia Edicións, 1992. A Coruña.

Forgoselo