Aron Lee Ralston, nado en Marion, Ohio, o 27 de outubro de 1975, é un deportista, enxeñeiro e orador motivacional estadounidense. Sobreviviu a un accidente nun canón no sueste de Utah no 2003, durante o cal el mesmo se amputou o antebrazo dereito cunha navalla sen gume co obxectivo de ceibarse dunha rocha despredida que o atrapou en Blue John Canyon durante cinco días e sete horas (127 horas). Despois de ceibarse, tivo que facer só o camiño polo resto do canón, e despois fixo rappel 20 m nun cantil para chegar a unha zona segura.
O incidente está documentado na autobiografía de Ralston Between a Rock and a Hard Place e nun filme baseado na súa historia 127 Hours protagonizado por James Franco.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Ohio