Ndabaningi Sithole, nado en Nyamandhovu o 31 de xullo de 1920 e finado en Filadelfia o 12 de decembro de 2000, foi un escritor, pastor congregacionalista e político zimbabwés, foi un dos fundadores o 1 de xullo de 1963 da Unión Nacional Africana de Zimbabwe(ZANU), organización que se opuxo ao goberno de RodesiaVeenhoven, Willem Adriaan, Ewing e Winifred Crum. Case Studies on Human Rights and Fundamental Freedoms: A World Survey, 1975, p. 326 e pasou en prisión dez anos tras o goberno prohibir o ZANU.

Traxectoria Educouse en misións cristiáns e grazas a unha bolsa estudou maxisterio no Waddilove Training Institute (1939-1941) e traballou como profesor en escolas e institutos de Rodesia. En 1948 realizou estudos bíblicos na Tegwani Training Institution, converténdose en predicador metodista, primeiro da Igrexa Metodista de Gran Bretaña e a partir de 1950 da Igrexa Metodista Unida e profesor na Misión Americana Metodista, que o enviou aos Estados Unidos para estudar teoloxía entre 1955 e 1958 en Newton Theological College e ordenouse ministro da Igrexa Unida de CristoVesta Sithole (2006) My Life With An Unsung Hero, p. 8 á súa volta a Rodesia en 1958 Necrolóxica The Guradian, 15 de decembro de 2000 . A publicación do seu libro African Nationalism e a súa prohibición inmediata polo goberno de minoría branca motivou a súa entrada na política, primeiro na organización de Joshua Nkomo, o Partido Demócrata Nacional.

ZANU Fundou a Unión Nacional Africana de Zimbabwe en agosto de 1963 canda Herbert Chitepo, Robert Mugabe e Edgar Tekere. O congreso do partido que se celebrou en Gwelo en 1964 elixiu a Sithole como o seu presidente e a Robert Mugabe o seu secretario xeral. Ao pouco o goberno de Ian Smith prohibiu o ZANU e logo do seu arresto o 22 de xuño de 1964, Sithole pasou dez anos en prisión xunto con Mugabe, Tekere, Nyagumbo e Takawira polas súas actividades políticas."Rhodesia Seizes a Foe of Regime - Sithole, Rival of Nkomo, to Face Charges Soon - Article - NYTimes.com", 23 de xuño de 1964 Mentres estivo na cadea autorizou especificamente a Chitepo para continuar a loita no estranxeiro como representante da ZANU. A condena de Sithole foi por tramar o asasinato de Ian Smith e saíu do cárcere en 1974 e marchou ao exilio en Tanzania.

O 18 de marzo de 1975 asasinaron a Chitepo en Lusaca cun coche bomba. En Mozambique, Mugabe asumiu unilateralmente o control do ZANU. A finais dese ano procuciuse unha escisión no ZANU, unha facción, principalmente formada polos ndebele, seguía a Joshua Nkomo. Sithole fundou o moderado ZANU-Ndonga que renunciou á loita armada mentres o ZANU dirixido por Mugabe, denominado agora ZANU PF e controlado principalmente por shonas, seguía unha axenda máis militante."R.W. Johnson · How Mugabe came to power: Wilfred Mhanda · LRB 22 de febreiro de 2001".

Sithole uniuse a un goberno de transición de brancos e negros o 31 de xullo de 1979."Black Opposition Leader in Rhodesia Ends Boycott" New York Times, 1 de agosto de 1979. Máis tarde en setembro de 1979 estivo presente no acordo de Lancaster House, presidido por Lord Carrington, que abría o camiño para a celebración de eleccións, mais os guerrilleiros do ZANLA de Mugabe atacaron a zona de influencia do ZANU-Ndonga e non logrou deputado ningún nesas eleccións.

Exilio e regreso Declarando que a súa vida estaba en perigo por motivos políticos, Sithole autoexiliouse ao Reino Unido en 1980 e logo en Silver Spring nos Estados Unidos en 1984. Volveu a Zimbabwe en 1992.Michael Cowen e Liisa Laakso. Multi-party Elections in Africa, 2002, p. 339 Nas eleccións de 1995 saíu elixido pola circunscrición de Chipinge e presentou a súa candidatura ás eleccóns presidenciais de 1996 así e todo retirouna pouco antes da votación afirmando que o ZANU PF de Mugabe lle impedía facer campaña."Zimbabwe President's Last Rival Withdraws From Election", New York Times, 16 de marzo de 1996 En decembro de 1997 un tribunal condenouno por conspiración para asasinar a Mugabe e o goberno inhabilitouno para acudir ao parlamento. Non obstante Sithole volveu gañar o escano nas eleccións en Chipinge nas eleccións de xuño de 2000

Obra Sithole é autor da primeira novela en nbedeleEmmanuel Chiwome e Zifikile Mguni(2012) Zimbabwean Literature in African Languages: Crossing Language Boundarie. African Books Collective, p. 40 Umvukela WamaNdebele publicada en 1956 pola Oficina de Literatura de Rodesia do Sur co título de Amandebele kaMzilikazi. Tamén o autor The Polygamist, unha novela publicada en 1972 por The Third Press/Joseph Okpaku Publishing en Nova York.

Notas

Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Políticos de Zimbabwe Categoría:Escritores de Zimbabwe Categoría:Nados en Zimbabwe Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores en lingua ndebele Categoría:Pastores congregacionalistas