Carlos Blanco Vila, nado en Vilagarcía de Arousa o 2 de xaneiro de 1959Publicación na páxina de Carlos Blanco comentado que é o seu aniversario., é un actor galego. miniatura

Traxectoria Actor de teatro e presentador da Radio Galega, comezou a traballar na TVG como presentador do programa A Reoca en 1990 con Antonio Durán e colaborou noutros programas como Sitio Distinto ou Luar. Foi a personaxe de Ladislao Couto en Mareas vivas (onde tamén exercía como guionista) a que o deu a coñecer amplamente en Galicia.

A súa carreira cinematográfica comezou con Sei quen es (1999) e continuou con títulos entre os que destacan O lapis do carpinteiro (2003), Cargo (2006), Heroína (2005), Volver (2006), A praia dos afogados (2014) ou Dhogs (2017).

En 2005, tivo un papel regular na serie de Antena 3, Lobos, a cal non pasou da primeira tempada.

No 2006 presentou o programa da TVG Somos unha potenzia, o primeiro "late night" de Galicia.

Conta cunha longa carreira no mundo do monólogo, acadando grande éxito por toda Galicia e fóra dela. En 2003 foi finalista do Certame de Monólogos de El club de la comedia. En 2008 co-produciu con Abada a súa obra de teatro Humor neghro, coa que actuou por toda a comunidade co músico guineano Manecas Costa.

Dende o 2011 percorreu os escenarios xunto con Xosé Manuel Budiño cun espectáculo chamado iLalelo no que Budiño facía de DJ e Blanco de monologuista.

En 2018 interpretou a Laureano Oubiña en Fariña, a adaptación televisiva do libro homónimo de Nacho Carretero.

Cinematografía A Fiestra valdeira (1994) (Televisión), de Julio Lago. Sei quen es (2000), de Patricia Ferreira Mañá. Como Casal. O alquimista impaciente (2002), de Patricia Ferreira Mañá. Como Sobredo. O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa. Como Pintor. Secuestrados en Xeorxia (2003), de Gustavo Balza. Como Xornalista. Delta (2004), de Oriol Ferrer. Como Richard. Para que non me esquezas (2005), de Patricia Ferreira Mañá. Como Profesor. Heroína (2005), de Gerardo Herrero. Como Germán. Cargo (2006), de Clive Gordon. Como Sasha. Volver (2006), de Pedro Almodóvar. Como Emilio. Trastorno (2006), de Fernando Cámara. Ecos (2006), de Oriol Paulo. Como Rodrigo. Hotel Tívoli (2006), de Antón Reixa. Como Carlos II. Una mujer invisible (2007) de Gerardo Herrero. Como Jaime. O Apóstolo (2012) de Fernando Cortizo. La estrella (2013) de Alberto Aranda. Como Jonás. A praia dos afogados (2014). Dhogs (2017), de Andrés Goteira. Rondallas (2025), como Yayo

Curtametraxes Hipotálamo (2002), de Fran Estévez e Manuel Pena. Ernesto en 10 minutos (2005), de Carolina Castro. Temporada 92-93 (2007), de Alejandro Marzoa. Leo (2007), de Fernando Cortizo. Amistad (2010), de Alejandro Marzoa. Desayuno con diadema (2012), de Óscar Bernácer. Lola (2012), de Alfredo Pardo. Unhas clases do social a tempo (2012), de Pablo Cacheda. Mal de sangre (2013), de Pedro Díaz. Véndese (2014), de J.A. Blanco. Nena (2023).

Televisión miniatura|dereita|Carlos Blanco nun monólogo en Moaña. Como actor Personaxes fixos Mareas vivas (1998). Como Ladislao Couto. TVG. Lobos (2005). Como Xuíz Muller. Antena 3. Códice (2014). Como xuíz Casal. TVG. Hospital Real (2015). Como padre Bernardo. Fariña (2018). Como Laureano Oubiña. Antena 3. La unidad (2020). Como Ramón. Movistar+. Los favoritos de Midas (2021). Como Luís. Reyes da la noche (2021). Como Bermúdez. Santiago (2022). Como Yllana. Rapa (2023). Como Yllana. El caso Asunta (2024). Como o axente Ríos.

Personaxes episódicos Pratos combinados (1995). TVG. A familia Pita (1996). TVG. Compañeros (1999). Como Manuel. Antena 3. Hospital Central (2003). Como Franco Siminiani. Telecinco. Código Fuego (2003). Antena 3. Una nueva vida (2003). Telecinco. Los Serrano (2006). Como Pai de Helena. Telecinco. El comisario (2007-2008). Como Santonja. Telecinco (varios episodios). Cuenta atrás (2008). Cuatro. Con el culo al aire (2013). Antena 3. Clases de lo social (2013). Como profesor. Webserie. Los misterios de Laura (2014). Como Hugo. La 1. La víctima número 8 (2018). Telemadrid e ETB 2. Malo será (2018). TVG Antidisturbios (2020). Como sogro de Diego. Movistar+. 3 Caminos (2021). Como o Padre Clara. La casa de papel (2021).Como o enxeñeiro. Los años nuevos (2024). Como Fernando.

Como presentador Saber e xogar (1985-1987). TVG. A reoca (1990). TVG. Sitio distinto (1990). TVG. Luar (1992). TVG. A familia mudanza (1993). TVG. Selección galega (1995). TVG. Somos unha potenzia (2006). TVG.

Teatro The Days Before Diversas montaxes de Teatro do Aquí, Teatro do Noroeste ou do Centro Dramático Galego. Directamente Paco II A historia/histeria de Lili Brown Directamente Paco O País da comedia (2002) Dillei (2004) Humor neghro (2008) Africanízate (2009) Somos criminais (2018), con Touriñán. Unha noite na praia'' (2019), peza escrita e dirixida por Javier Veiga.

Premios e nomeamentos

2006: Mellor Actor: Festival de cortometrajes de Arona. Tenerife. 2013: Mellor actor por "Mal de Sangre" Festival de Cans. 2017: Mellor actor Festival Internacional de Cine Fantástico Nocturna Madrid. 2018: Premio Rebulir da Cultura Galega na modalidade de Artes Escénicas. 2019: Premio Pedigree. Festival de Cans.

Premios María Casares Ano Categoría Obra (compañía) Resultado1998Mellor texto adaptado ou traducidoNano (Teatro do Adro)GañadorCompartido con Cándido Pazó e Josito Porto.

Premios Mestre Mateo Ano Categoría Película Resultado2007Mellor interpretación masculina secundariaHotel TívoliFinalista2007Mellor comunicador de TVO gran camiñoNomeado2005Mellor interpretación masculina secundariaHeroínaGañador

Festival de Cine de Alacant Ano Categoría Obra (compañía) Resultado2013Mellor actorDesayuno con diademaGañador

Familia É o pai de Lois Blanco Araúxo, director de teatro, que ten dirixido a seu pai en varias ocasións. Carlos Blanco foi o sétimo de sete irmáns, entre eles o adestrador de baloncesto Alberto Blanco Vila.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Carlos Blanco en AVG

Categoría:Actores de Vilagarcía de Arousa Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1959 Categoría:Premios María Casares Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina secundaria Categoría:Personalidades da radio de Galicia Categoría:Personalidades da Radio Galega