José Alfonso Couce Doce, nado en Ferrol en 1928 e finado na mesma cidade o 1 de setembro de 2015, foi un forense e político galego.

Traxectoria Médico forense de profesión, xa durante a ditadura franquista foi concelleiro do Concello de Ferrol. Nas eleccións municipais de 1987 foi cabeza de lista de Alianza Popular en Ferrol e fíxose coa alcaldía, con Arsenio Fernández de Mesa como primeiro tenente de alcalde. Porén, o 8 de setembro de 1989 unha moción de censura apoiada polo PSOE, Izquierda Unida, un concelleiro do CDS e outro concelleiro tránsfuga popular arrebatoulle o cargo e pasou a ser alcalde o seu curmán, o socialista Manuel Couce Pereiro. O 18 de abril de 2000 recibiu unha encomenda de prata da Orden Civil de Sanidad. Faleceu en Ferrol o 1 de setembro de 2015 aos 87 anos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ferrol

Categoría:Alcaldes de Ferrol Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes