Gregorio XIV (en latín Gregorius XIV, en italiano Gregorio XIV), nado co nome de Niccolò Sfondrati en Somma (Lombardía) o 11 de febreiro de 1535 e finado en Roma o 16 de outubro de 1591, foi un relixioso italiano, elixido papa o 5 de decembro de 1590.

En 1591, confirma a excomunicación de Henrique IV, rei de Francia e de Navarra.

Orixes e formación Nado Niccolò Sfondrati na comuna de Somma Lombardo (actualmente na provincia de Varese rexión da Lombardía, cando formaba parte do Ducado de Milán),The Cardinals of the Holy Roman Church (inglés), URL último acceso o 01/05/2007. na clase alta da sociedade milanesa, pero foi coñecido polo seu modesto estilo de vida e rigurosa devoción. O seu pai era Francesco Sfondrati, un senador da antiga comuna de Milán nomeado cardeal polo papa Paulo III e a súa nai era Anna Visconti, membro da Casa de Visconti e quen faleceu durante o parto.

Realizou os seus estudos en Perugia e Padua.

Carreira eclesiástica Foi ordenado sacerdote en 1551 e en 1560 foi consagrado bispo de Cremona polo cardeal Carlos Borromeo, participando no Concilio de Trento entre 1561 e 1563 e sendo membro da comisión pro índice librorum en 1562.

Cardenalato O 12 de decembro de 1583 foi nomeado por Gregorio XIII cardeal presbítero de Santa Icía. Durante este tempo foi amigo próximo de san Filipe Neri, quen predixo a súa elección como Sumo Pontífice.

Papado Elección Á morte de Urbano VII foi elixido o seu sucesor nun conclave que se prolongou durante máis de dous meses debido á inxerencia no mesmo do que pretendía que o elixido fose un dos sete cardeais que o rei español Filipe II consideraba adecuados para ocupar o solio pontificio.

Actuación pontifical O papa Gregorio XIV non contaba con experiencia política, razón pola cal cedeu a administración diplomática ao seu sobriño, o cardeal Paolo Emilio Sfondrati.Vidal Manzanares, César (1997), pp. 67. Presidiu dous consistorios nos cales nomeou a cinco novos cardeais.

O seu mandato non estivo marcado por grandes acontecementos ou problemas. O único feito relevante do mesmo foi que, instigado polo rei de España e o duque de Mayenne, excomulgou a Henrique IV de Francia, que se puxera de acordo cos reformistas,Gregorio XIV, Historia de la Iglesia, Conoze, URL último acceso o 01/05/2007. declarándoo herexe para despois privalo dos seus dominios. Tras isto, ofreceu a Filipe II o trono de Francia como sucesor de Henrique III de Valois, o cal obrigou á conversión ao catolicismo do sucesor lexítimo Henrique IV para acceder ao trono francés.

Profecía de san Malaquías Se se aplicasen as profecías san Malaquías, a este Papa lle correspondería o lema Ex antiquitate urbis (Da antigüidade da cidade). Con todo, o lema aplícase mellor ao cardeal que, no conclave de 1590, disputáballe o solio papal, Girolamo Simoncelli. Simoncelli era orixinario de Orvieto (Urbs Vetus en latín, é dicir, cidade-antiga); pola contra, para facer que a Sfrondati lle encaixe o lema Ex antiquitate urbis, hai que dicir xeneralidades. A raíz deste dato o xesuíta Claude-François Menestrier demostrou en 1689 que a lista atribuída a san Malaquías de Armagh é unha falsificación orixinada no mesmo Simoncelli ou algún do seu partido para favorecer a súa candidatura á morte de Urbano VII.

Notas

Categoría:Nados na provincia de Varese Categoría:Papas Categoría:Nados en 1535 Categoría:Finados en 1591