O 25 de xullo é o 206º día do ano do calendario gregoriano e o 207º nos anos bisestos. Este día celébrase o Día Nacional de Galicia. Quedan 159 días para finalizar o ano.
Acontecementos miniatura|300px|De pé, de esquerda a dereita: Sebastián González, Eladio Rodríguez González, Enrique Peinador, Gonzalo López Abente, Pura González Varela (muller de Lugrís), Celia Brañas Fernández, Otero Pedrayo, David Fernández Diéguez, Ángel del Castillo e Fernando Cortés Bugía. Sentados Fernando Martínez Morás, Castelao, Manuel Lugrís Freire, Antón Villar Ponte e Félix Estrada Catoyra. Recepción de Castelao na Real Academia Galega na Coruña o 25 de xullo de 1934. 1387 - Desembarca na Coruña, o duque de Lancaster, Xoán de Gante, que pretende a Coroa de Castela, en defensa dos intereses da súa muller, Constanza. 1512 - Tropas ao mando do duque de Alba toman Pamplona, capital do reino de Navarra, o que comporta a perda da súa independencia, ratificada nas cortes de 1515, e que pasa a ser incorporada á Coroa de Castela. 1907 - Corea convértese un protectorado do Xapón 1934 - Castelao ingresa na Real Academia Galega, co discurso sobre As Cruces de Pedra na Galiza 1948 - Castelao, como presidente do Consello de Galiza no exilio, pronuncia o seu famoso e emotivo discurso Alba de Groria no Centro Galego de Buenos Aires 1950 - Fúndase a Editorial Galaxia, en Compostela. 1965 - O padre xesuíta Xaime Seixas dá a primeira misa en galego, en Compostela. 1974 - Comeza a emisión de Panorama de Galicia, o primeiro programa de televisión en lingua galega. 1985 - Comeza a emitir a TVG. 2000 - Accidente do avión Concorde
Nacementos miniatura|100px|Elias Canetti. miniatura|100px|France Arnold. 1844 - Thomas Eakins, pintor, escultor e fotógrafo norteamericano (n. 1916). 1905 - Elias Canetti, escritor búlgaro en lingua alemá, premio Nobel de Literatura en 1981. 1906 - Ánxel Sevillano, escritor e xornalista galego (m. 1989). 1920 - Rosalind Franklin, bióloga inglesa (m. 1958). 1923 - Maria Gripe, escritora sueca de literatura infantil e xuvenil (m. 2007). 1936 - Xosé Vilas Nogueira, xurista e profesor galego (m. 2010) 1944 - José Antonio Franco Taboada, arquitecto galego. 1956 - Frances Arnold, premio Nobel de Química 1958 - Thurston Moore, roqueiro estadounidense. 1958 - Manuel Forcadela, escritor galego. 1966 - Xurxo Souto, músico, escritor e xornalista galego.
Mortes miniatura|100px|Samuel Taylor Coleridge. 1564 - Fernando I de Habsburgo, Sacro Emperador Romano-Xermánico (n. 1503). 1834 - Samuel Taylor Coleridge, poeta, crítico e filósofo inglés (n. 1772). 1843 - Charles Macintosh, químico escocés inventor do impermeable (n. 1766). 1928 - Ramón Nieto, filántropo galego (n. 1856). 1934 - Engelbert Dollfuss, chanceler austríaco (n. 1892). 1943 - Jesús Noya González, escritor e xornalista galego (n. 1865). 1950 - Adolfo Vázquez Gómez, xornalista galego (n. 1869). 1958 - Miguel López Torre, libreiro e escritor galego (n. 1893). 1959 - Luis Pintos Fonseca, pintor e gravador galego (n. 1906). 1962 - Ramón Ferreiro Lago, notario e escritor galego (n. 1872). 1969 - Otto Dix, pintor alemán (n. 1891). 2002 - Ricardo Flores escritor e político galego (n. 1903). 2006 - Pura Vázquez, escritora galega (n. 1918). 2010 - José Antonio Corrales, arquitecto español (n. 1921). 2015 - Ismael González Díaz, cineasta e escritor galego (n. 1939). 2021 - Otelo Saraiva de Carvalho, militar e político portugués (n. 1936).
Celebracións 180px|dereita Día Nacional de Galicia (Día de Santiago) Día da Constitución, en Porto Rico Parroquia de Bravos (Ourol-Lugo). Festas patronais. Parroquia de Dorra (Antas de Ulla-Lugo). Festas patronais. Parroquia de Goiriz (Vilalba-Lugo). Festas patronais. Parroquia de Taboada (Silleda-Pontevedra). Festas patronais. Parroquia das Pontes (As Pontes - A Coruña). Festa da Fraga Barrio da Gándara (Narón - A Coruña). Festas patronais.
Outros Santoral: Santiago, Zeltia, Suevia, Breogán
Os 366 días do ano
Categoría:Xullo