Olivier Panis, nado en Oullins (Lión) o 2 de setembro de 1966, é un piloto de carreiras francés. Panis participou na Fórmula 1 durante dez tempadas, logrando unha vitoria no Gran Premio de Mónaco de 1996, para o equipo Ligier. En 2019, era o último piloto francés a gañar un Gran Premio de Fórmula Un.

É o pai do piloto de carreiras Aurélien Panis.

Traxectoria Nado en Oullins, Lión, Panis, como moitos pilotos de Fórmula 1 iniciou a súa carreira nos karts. Despois de formarse nos karts, Olivier correu varios anos nunha serie de "Júnior" antes de correr na Fórmula 3 francesa. Gañou un campionato de Fórmula Renault en 1989 e rematou segundo na Fórmula 3 francesa en 1991. Finalmente participou na Fórmula 3000 Internacional (Fórmula 3000), e gañou o campionato en 1993.

Fórmula Un

Con 27 anos de idade Panis debutou en na fórmula 1, no equipo francés Ligier. Sorprendentemente, conseguiu un segundo posto en Hockenheimring e rematou o campionato de pilotos na undécima posición.

O ano seguinte, Panis sorprendeu novamente con outro segundo lugar, esta vez no Gran Premio de Australia de 1995, con todo rematou dúas voltas detrás do gañador. Unha serie de cuartos lugares noutras carreiras permitiu que o francés rematara en oitavo lugar no campionato.

Con todo, o máis destacado da carreira de Panis ocorreu no Gran Premio de Mónaco de 1996. Baixo unha choiva torrencial, o francés amosou as súas mellores habilidades nunha carreira na que só catro coches foron capaces de rematar a proba. Esta vitoria foi a primeira de sesenta e seis anos de competición en que o primeiro lugar en Mónaco quedoua en mans dun piloto francés e un equipo francés. Foi o único flash nunha tempada gris para o piloto, onde no resto de carreiras, non conseguiu pasar da quinta posición.

Panis tiña potencial para facer unha boa tempada en , agora baixo o mando de Alain Prost, que adquirira Ligier. Despois de seis carreiras, estaba en terceiro lugar no campionato grazas a un segundo posto en España e un terceiro posto no Brasil. Con todo, un accidente en Canadá custoulle unha perna rota e oito carreiras sen participar. Tras a súa reaparición non mostrou sinais de molestias e puido volver ao seu nivel de inicio de tempada, terminando o campionato nun aceptable noveno lugar, tendo en conta as circunstancias anteriores.

Na tempada de Fórmula 1 de , con todo, as cousas non podían ser peores para Panis. En gran parte debido á baixa fiabilidade do seu coche. Panis non conseguiu lograr un só punto en toda a tempada. Na tempada seguinte só logrou dous puntos, tralo cal rematou a súa relación con Prost.

A pesar desta situación Panis estaba a piques de ir a pilotar un dos Williams, pero en vez diso, optou por aceptar un posto como piloto de probas en McLaren. Isto permitiulle asinar un contrato con BAR en 2001. Con todo, BAR demostrou non ser o gran equipo que moitos esperaban e no ano 2002 pilotando o modelo BAR 004 terminou décimo cuarto na clasificación, con só tres puntos.

No 2003 Panis asinou por Toyota, o equipo estaba comezando o seu segundo ano na categoría e esixiu os seus servizos para que aportase os seus coñecementos e servir como unha guía para o seu compañeiro, o debutante Cristiano da Matta. Con todo, o resultado final para o piloto foi o mesmo que nos dous anos anteriores. Especialmente destacou nos eventos de cualificación de cada gran premio na loita pola 'pole'.

O piloto permaneceu en Toyota en 2004 a súa décima tempada na Fórmula 1. A principios de outubro do mesmo ano Panis anunciou a súa intención de retirarse tras o Gran Premio do Xapón, aínda que permaneceu no equipo xaponés dous anos como piloto de probas ata decembro de 2006, que pechou no Circuíto Permanente de Jerez doce anos ligado á Fórmula 1. cando era o piloto máis veterano da categoría con 40 anos de idade.

Posteriormente participou no Trophée Andros (carreiras de xeo en estrada) cun Skoda sendo o seu compañeiro de equipo Jacques Villeneuve.

Rexistro de carreiras

Resultados completos na Fórmula 3000 Internacional (clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida) Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pos. Puntos 1992 Apomatox Reynard/92D Ford Cosworth SIL3 PAURet CAT7 PERRet HOC20 NÜRRet SPARet ALBRet NOGRet MAG2 10º 10 1993 DAMS Reynard/93D Ford Cosworth DON3 SIL6 PAURet PERRet HOC1 NÜR1 SPA1 MAG10 NOGRet 1º 32

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 Pos. Puntos Ligier Gitanes Blondes Ligier JS39B Renault RS6 3.5 V10 BRA11 PAC9 SMR11 MON9 ESP7 CAN12 FRARet GBR12 GER2 HUN6 BEL7 ITA10 PORDSC EUR9 JPN11 AUS5 11º 9 Ligier Gitanes Blondes Ligier JS41 Mugen Honda MF301 3.0 V10 BRARet ARG7 SMR9 ESP6 MONRet CAN4 FRA8 GBR4 GERRet HUN6 BEL9 ITARet PORRet EURRet PAC8 JPN5 AUS2 8º 16 Ligier Gauloises Blondes Ligier JS43 Mugen Honda MF301HA 3.0 V10 AUS7 BRA6 ARG8 EURRet SMRRet MON1 ESPRet CANRet FRA7 GBRRet GER7 HUN5 BELRet ITARet POR10 JPN7 9º 13 Prost Gauloises Blondes Prost JS45 Mugen Honda MF301HA/B 3.0 V10 AUS5 BRA3 ARGRet SMR8 MON4 ESP2 CAN11 FRA GBR GER HUN BEL ITA AUT LUX6 JPNRet EUR7 9º 16 Gauloises Prost Peugeot Prost AP01 Peugeot A16 3.0 V10 AUS9 BRARet ARG15 SMR11 ESP16 MONRet CANRet FRA11 GBRRet AUTRet GER15 HUN12 BELDNS ITARet LUX12 JPN11 NC 0 Gauloises Prost Peugeot Prost AP02 Peugeot A18 3.0 V10 AUSRet BRA6 SMRRet MONRet ESPRet CAN9 FRA8 GBR13 AUT10 GER6 HUN10 BEL13 ITA11 EUR9 MALRet JPNRet 15º 2 Lucky Strike BAR Honda BAR 003 Honda RA001E 3.0 V10 AUS7 MALRet BRA4 SMR8 ESP7 AUT5 MONRet CANRet EURRet FRA9 GBRRet GER7 HUNRet BEL11 ITA9 USA11 JPN13 14º 5 Lucky Strike BAR Honda BAR 004 Honda RA002E 3.0 V10 AUSRet MALRet BRARet SMRRet ESPRet AUTRet MONRet CAN8 EUR9 GBR5 FRARet GERRet HUN12 BEL12 ITA6 USA12 JPNRet 14º 3 Panasonic Toyota Racing Toyota TF103 Toyota RVX-03 3.0 V10 AUSRet MALRet BRARet SMR9 ESPRet AUTRet MON13 CAN8 EURRet FRA8 GBR11 GER5 HUNRet ITARet USARet JPN10 15º 6 Panasonic Toyota Racing Toyota TF104 Toyota RVX-04 3.0 V10 AUS13 MAL12 BHR9 SMR11 ESPRet MON8 EUR11 CANDSC USA5 FRA15 GBRRet 14º 6 Toyota TF104B GER14 HUN11 BEL8 ITARet CHN14 JPN14 BRA Panasonic Toyota Racing Toyota TF105 Toyota RVX-05 3.0 V10 AUS MAL BHR SMR ESP MON EUR CAN USA FRATD GBR GER HUN TUR ITA BEL BRA JPN CHN - -

Resultados completos no Campionato Mundial GT1 Ano Equipo Coche 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Pos. Puntos 2010 Matech Competition Ford ABUQR ABUCR SILQR SILCR BRNQR BRNCR PRIQR18 PRICRRet SPAQR SPACR NÜRQR NÜRCR ALGQR ALGCR NAVQR NAVCR INTQR INTCR SANQR SANCR 60th 0

Resultados nas 24 Horas de Le Mans Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. xeral Pos. clase 2008 Team Oreca-Matmut Marcel Fässler Simon Pagenaud Courage-Oreca LC70-Judd LMP1 147 Ret Ret 2009 Team Oreca-Matmut AIM Nicolas Lapierre Soheil Ayari Oreca 01-AIM LMP1 370 5º 5º 2010 Team Oreca-Matmut Nicolas Lapierre Loïc Duval Peugeot 908 HDi FAP LMP1 373 Ret Ret 2011 Team Oreca-Matmut Nicolas Lapierre Loïc Duval Peugeot 908 HDi FAP LMP1 339 5º 5º

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Olivier Panis páxina oficial

Categoría:Nados en Lión Categoría:Nados en 1966 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Francia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ligier Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Prost Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de British American Racing‎ Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Toyota Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans