Xosé Docampo Vázquez, coñecido como Casagrande, nado en Guimarei (A Estrada) o 1 de outubro de 1891 e finado na Estrada o 5 de abril de 1986,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 6-4-1986, p. 66. foi un mestre, xornalista e escritor galego.
Traxectoria Dende moi novo, traballou primeiro de canteiro e despois de xastre. Foi compaxinando os seus labores cotiáns cos estudos. Deveu mestre e exerceu como tal. Foi concelleiroEl Pueblo Gallego, 5-9-1928, p. 10. e tenente-alcalde da Estrada. Participou na creación do Instituto de Ensino medio e despois no Colexio da Inmaculada, onde exerceu de profesor de Xeografía e Historia; seguiu cos estudos e chegou a facer os dous primeiros cursos de Filosofía e Letras. Foi Delegado Comarcal de Sindicatos.
Cronista oficial da Estrada dende 1950, foi un dos fundadores do Recreo Cultural da Estrada, do que tamén foi presidente durante anos. Así mesmo foi cofundador da Masa Coral Estradense, onde cantou durante anos. En 1962 foi un dos que se desprazou a Linares (Xaén) para buscar os restos do poeta estradense Xosé Manuel Cabada Vázquez.
Colaborou nos periódicos estradenses El Estradense e El Emigrado, en La Vanguardia de Vigo e, sobre todo, en Faro de Vigo, do que foi correspondente dende 1914. Colaborou intensamente con Radio Estrada na década de 1960.
Obras Publicou a obra narrativa Xente que vai e vén (ed. Manuel Docampo Pego, 1983) onde se recolleron diferentes contos que fora emitindo nas ondas de Radio Estrada.
Recoñecementos Recibiu a "Medalla de Ouro" concedida polo xornal Faro de Vigo en recoñecemento polas súas colaboracións de máis de 50 anos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía na web do concello da Estrada
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Concelleiros da Estrada Categoría:Xornalistas da Estrada Categoría:Nados en 1891 Categoría:Nados na Estrada Categoría:Finados en 1985 Categoría:Cronistas da Estrada