Pío VI, nado en Cesena o 27 de decembro de 1717 e finado en Valence (Francia) o 29 de agosto de 1799, foi un relixioso italiano, papa da Igrexa católica entre 1775 e 1799.
Traxectoria O seu nome completo de nacemento era Conte Angelo Onofrio Melchiorre Natale Giovanni Antonio Braschi dei Bandi. Pertencía a unha familia nobre pero completamente arruinada: era o primoxénito dos oito fillos do Marco Aurelio Tommaso Braschi, segundo conde de Falcino, e da súa esposa a condesa Anna Teresa dei Conti Bandi. Foi sobriño e tío de cardeais.
Categoría:Papas Categoría:Nados en 1717 Categoría:Finados en 1799 Categoría:Cardeais creados por Clemente XIV