José María Muñoa Ganuza, nado en Pau (Francia) en 1942, é un enxeñeiro e político do País Vasco.
Traxectoria Fillo de exiliados da ditadura franquista, formouse en Grenoble (Francia). Militante do Partido Nacionalista Vasco, traballou como enxeñeiro en Francia e Madrid, até que en 1983 foi nomeado polo Goberno Vasco presidido por José Antonio Ardanza responsable do desenvolvemento das pequenas empresas en crises. En 1990 foi nomeado comisionado do Lehendakari para as Relacións Exteriores, cargo que ocupou até 2007.José María Muñoa, representante de Euskadi en el mundo durante los últimos trece años, deja su cargo, Noticias.info., 17 de decembro de 2007. Foi tamén representante da comunidade autónoma do País Vasco no Comité das Rexións de Europa. En 2008, substituíu a Javier Retegi como presidente da Sociedade de Estudos Vascos.
Notas
Categoría:Nados en 1942 Categoría:Políticos do PNV Categoría:Enxeñeiros de España Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados en Pau