O lagópodo cinsento ou lagópodo cincento (Lagopus muta) é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das tres que compoñen o xénero Lagopus.

Esta especie subdivídese en numerosas subespecies.

Características miniatura|240px|esquerda|Exemplar en Islandia coa súa capa invernal. miniatura|240px|esquerda|Femia en verán.

Mide entre 34 e 36 cm de lonxitude, dos cales 8 cm corresponden á cola, composta por 16 plumas temoneiras; a súa envergadura oscila entre os 54 e os 60 cm, polo que é lixeiramente menor que o lagópodo común, ao redor dun 10 %. O seu corpo está cuberto por unha plumaxe densa que lle dá a aparencia dun volume maior do que posúe realmente, xa que o seu peso alcanza escasamente os 400-500 g. A súa cabeza é arredondada, co peteiro negro e curto, a adoita presentar unha pequena carúncula de cor vermella situada sobre os seus ollos pardos.

Para soportar as temperaturas extremas do seu hábitat, posúe plumas dobres, que cobren incluso as patas. Ademais é unha especie que non adoita desprazarse a grandes distancias, tentando minimizar así o gasto enerxético.

Unha característica particular deste animal é a de posuír as patas completamente cubertas de plumas, que descenden até a porción distal dos dedos, deixando ao descuberto soamente as fortes uñas que lle permiten escavar incluso na neve máis dura. As pegadas que deixan as súas patas recordan as dunha lebre pequena.

Con respecto á cor destas aves de montaña, é interesante destacar que a natureza dotounas dunha homocromía estacional que lles permite camuflarse no seu hábitat cambiante. Así, durante o verán, a plumaxe presenta tonalidades pardas, cincentas e avermelladas con estrías transversais negras sobre o dorso. A parte inferior das ás e o ventre permanecen brancos todo o ano. En cambio, en inverno a plumaxe convértese nunha capa totalmente branca, cun trazo negro sobre os ollos, sendo posíbel distinguir ao macho da femia por presentar unha mancha negra debaixo da garganta. O paso da plumaxe estival ao invernal ten lugar dun modo gradual. Na primavera ten unha tonalidade que vai da gris á parda escura, e a mediados de agosto pasa á parda agrisada; en outubro, á abrancazada con manchas marróns e en decembro adquire a súa característica cor branca uniforme.

Distribución A especie está amplamente estendida polas rexións frías do Holoártico, e tamén habita nas partes altas das principais cadeas montañosas de Eurasia e Norteamérica, entre o límite superior das árbores e a zona das neves perpetuas, onde as particularidades de cada zona a través do proceso de adaptación natural da especie deu lugar a numerosas subespecies.E. de Juana & J. M. Varela (2000): Guía de las aves de España, península, Baleares y Canarias. Barcelona: Lynx Edicions e SEO/Birdlife. ISBN 84-8733-426-1, p. 62.

En España No caso de España, encontramos nos Pireneos a subespecie Lagopus mutus pirenaicus, da que se mantén unha poboación que non presenta maiores oscilacións como resultado das escasas ameazas a que se encontra exposta. En efecto, son poucos os inimigos que a molestan e tampouco o home alterou demasiado a súa poboación dadas as dificultades que comporta a caza desta ave a grande altura.

As glaciacións do cuaternario, hai 20 000 anos, trouxeron esta especie ao territorio que hoxe é á Península Ibérica. Co posterior desxeo, a especie ficou reducida aos Pireneos, sendo a poboación máis próxima a que se atopa nos Alpes. É unha especie máis común na Europa setentrional.

Vive nos ambientes subnival e nival, por enriba do territorio arborado. En Cataluña atópase entre os 1 900 e os 2 000 m de altitude no Val de Arán, e entre os 2 200 e os 2 300 m no resto das comarcas pirenaicas.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1781 polo médico e botánico Lars Montin,Lagopus muta (Montin, 1781) no ITIS. baixo o nome de Tetrao mutus,de Juana, E.; Kirwan, G. M. & García, E. F. J. (2016): "Rock Ptarmigan (Lagopus muta). In: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D. A. & de Juana, E. (eds), Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-388-0. nun traballo publicado en Phys. Salsk. Handl, nº 1 p. 155.Lagópodo Alpino. Lagopus muta (Montin, 1781) en Avibase.

Etimoloxía Para a do xénero, véxase Lagopus.

O epíteto específico, muta, está tomado do nominativo feminino singular do adxectivo latino mūtus, -a, -um, 'mudo', 'silencioso'.

Sinónimos Tetrao mutus Montin, 1781 Lagopus mutus (Montin, 1781)

Subespecies Segundo del Hoyo et al. na especie recoñécense as seguintes vinte e unha subespecies (indícase a distribución de cada unha delas):<ref name= Lagopus muta krascheninnikowi Potapov, 1985 – Península de Kamchatka. Lagopus muta gerasimovi Red’kin, 2005 – Illa Karaginskiy, ao NE da península de Kamchatka. Lagopus muta ridgwayi Stejneger, 1884 – Illas do Comandante (nas Aleutianas). Lagopus muta kurilensis Nagamichi Kuroda, 1924 – Illas Kuriles. Lagopus muta japonica A. H. Clark, 1907 – Centro de Honshu (Xapón). Lagopus muta evermanni Elliot, 1896 – Illas Attu e Agattu (nas Aleutianas occidentais). Lagopus muta townsendi Elliot, 1896 – Illas Kiska (nas Aleutianas). Lagopus muta gabrielsoni Murie, 1944 – Illas Little Sitkin, Hawadax ou Rats e Amchitka (nas Aleutianas occidentais). Lagopus muta sanfordi Bent, 1912 – Illas Tanaga e Kanaga (nas illas Andreanof). Lagopus muta chamberlaini A. H. Clark, 1907 – Illa Adak (nas Aleutianas). Lagopus muta atkhensis Turner, 1882 – Illa Atka (nas Aleutianas). Lagopus muta yunaskensis Gabrielson & Lincoln, 1951 – Illa Yunaska (nas Aleutianas). Lagopus muta nelsoni Stejneger, 1884 – Illas Unimak, Unalaska e Amaknak (nas Aleutianas). Lagopus muta dixoni Grinnell, 1909 – Illas da Baía dos Glaciares e o continente adacente (sueste de Alasca) até o arquipélago Alexander e o oeste do Canadá (noroeste da Columbia Británica). Lagopus muta kelloggae Grinnell, 1910 – Alasca (agás o SE) e o N de Yukón. Lagopus muta rupestris (J. F. Gmelin, 1789) – N do Canadá, desde as illas Melville e Ellesmare, até o centro da Columbia Británica, S de Mackenzie (distrito de Nunavut), illa Southampton, N do Quebec e da península do Labrador. Lagopus muta macruros Schiøler, 1925 – Costas do N e o E de Groenlandia. Lagopus muta saturata Salomonsen, 1950 – Costas do NO de Groenlandia. Lagopus muta reinhardi (C. L. Brehm, 1824) – Costas do SO e o SE e Groenlandia. Lagopus muta welchi Brewster, 1885 – Terra Nova. Lagopus muta islandorum (Faber, 1822) – Islandia.

Porén, o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS) recoñece catro máis:

Lagopus muta atkhensis Turner, 1882 Lagopus muta capta J. L. Peters, 1934 Lagopus muta chamberlaini A. H. Clark, 1907 Lagopus muta dixoni Grinnell, 1909 Lagopus muta evermanni Elliot, 1896 Lagopus muta gabrielsoni Murie, 1944 Lagopus muta helvetica (Thienemann, 1829) Lagopus muta hyperborea Sundevall, 1845 Lagopus muta islandorum (Faber, 1822) Lagopus muta japonica A. H. Clark, 1907 Lagopus muta kurilensis Kuroda, 1924 Lagopus muta millaisi Hartert, 1923 Lagopus muta muta (Montin, 1781) Lagopus muta nadezdae Serebrovski, 1926 Lagopus muta nelsoni Stejneger, 1884 Lagopus muta pleskei Serebrovski, 1926 Lagopus muta pyrenaica Hartert, 1921 Lagopus muta ridgwayi Stejneger, 1884 Lagopus muta rupestris (Gmelin, 1789) Lagopus muta sanfordi Bent, 1912 Lagopus muta saturata Salomonsen, 1950 Lagopus muta townsendi Elliot, 1896 Lagopus muta welchi Brewster, 1885 Lagopus muta yunaskensis Gabrielson & Lincoln, 1951

Notas

Véxase tamén

Bibliografía del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A. & Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona: Lynx Edicions / Cambridge, UK: BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1. de Juana, E.; Kirwan, G. M. & García, E. F. J. (2016): "Rock Ptarmigan (Lagopus muta). In: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D. A. & de Juana, E. (eds), Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-388-0.

Outros artigos Fasiánidos Tetraoninos Lagopus Camuflaxe para a neve

Ligazóns externas Benjamín García García (22 de novembro de 2018): Lagópodo alpino (Lagopus muta): con el plumaje de camuflaje de verano .

Categoría:Fasiánidos Categoría:Animais descritos en 1781