Un wat (en ; en ; en ) é un tipo de templo budista ou hindú típico do sueste asiático como Camboxa, Laos, Myanmar, Tailandia, Yunnan (China) ou o sur de Sri Lanka.
Estritamente falando, un wat é un templo budista e unha escola con monxes residentes. Un templo sen monxes residentes non podería denominarse wat, aínda que o termo adóitase utilizar de forma extensiva, mesmo para facer referencia ás ruínas de templos antigos.
Etimoloxía A palabra wat deriva do sánscrito vāṭa, que significa "recinto pechado". O termo ten diferentes sentidos dependendo da rexión: ás veces refire a unha clase específica de gran mosteiro, que pode estar recoñecido polo goberno; outras, a calquera templo budista ou hindú.
En lingua coloquial en Tailandia, wat fai referencia a calquera lugar de oración con excepción das mesquitas. Por tanto, wat cheen sería un templo chinés (xa sexa budista ou taoísta), wat khaek sería un templo hindú e wat kris, wat krit ou wat fa-hrang faría referencia a unha igrexa cristiá.
Notas
Categoría:Templos budistas Categoría:Templos hiduístas