Germano Almeida, nado en Boa Vista en 1945, é un escritor caboverdiano.

Traxectoria Naceu na ilha da Boa Vista, en Cabo Verde, nunha zona intermedia entre rural e urbana. Aos sete anos case morreu afogado na praia. En 1965 fixo o servizo militar en Angola, nunha zona de enfrontamento. Recibiu unha bolsa da Gulbenkian para estudar Dereito na Universidade de Lisboa en 1970. Regressando a Cabo Verde en 1977, dedicouse á avogacía na illa de San Vicente. Foi deputado electo polo Movemento para a democracia de Cabo Verde e exerceu o cargo de Procurador Xeral da República de Cabo Verde.

No campo literario foi un dos cofundadores da revista literaria Ponto & Vírgula (1983-1987). Fundou Ilhéu Editora en 1989 e publicou máis de 20 libros. Gañou o Premio Camões en 2018, sendo o segundo escritor Cabo Verdiano en recibir tal mérito.

Recibiu dúas condecoracións de Portugal: en 1997 o grau de Comendador da Ordem do Mérito, e en 2019 o grau de Grande-Oficial da Ordem do Infante D. Henrique.

O seu estilo caracterízase por utilizar maxistralmente o humor e a sátira, ao tempo que denuncia a hipocrisía da sociedade caboverdiana, asfixiada durante os primeiros anos da independencia por un réxime de partido único. Un bo exemplo do seu mordaz humor é a novela O meu Poeta, obra de longo alento onde o autor satiriza con refinados sarcasmos a realidade de Cabo Verde.

Ten obras publicadas no Brasil, Francia, España, Italia, Alemaña, Suecia, Holanda, Noruega, Dinamarca, Cuba, Estados Unidos, Bulgaria, Suíza.

Obra O dia das calças roladas (1982). Ed. de 1999 Editorial Caminho. O Meu Poeta (1990). Editorial Caminho. O testamento do Sr. Napumoceno da Silva Araújo (1991). Ed. de 2018 en Ed. Leya. Ed. 2019 en Editorial Caminho. A Ilha Fantástica (1994). Ed. de 2019 en Editorial Caminho. Os Dois Irmãos (1995). Ed. de 2019 en Editorial Caminho. Estórias de dentro de Casa (1996). Ed. de 2019 en Editorial Caminho. A morte do meu poeta (1998). A morte do meu poeta A Família Trago (1998). Editorial Caminho. Estórias contadas (1998). Editorial Caminho. Dona Pura e os Camaradas de Abril (1999). Ed. de 2019 en Editorial Caminho. As memórias de um espírito (2001). Editorial Caminho. Cabo Verde - Viagem pela história das ilhas (2003). Editorial Caminho. O mar na Lajinha (2004). Editorial Caminho. Eva (2006). Editorial Caminho. A morte do ouvidor (2010). Editorial Caminho. De Monte Cara vê-se o mundo (2014). Editorial Caminho. Regresso ao Paraíso (2016). Editorial Caminho. O Fiel Defunto (2018). Editorial Caminho. O último mugido (2020). Editorial Caminho.

As súas obras en Cabo Verde están editadas en Ilheu.

Notas

Almeida, Germano Almeida, Germano Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados en Cabo Verde