Luis María Retolaza Ibargüengoitia, nado en Bilbao o 27 de decembro de 1924 e finado ibídem o 22 de abril de 2007, foi un histórico dirixente do PNV. Ocupou cargos de dirección en devandito partido e foi o primeiro Conselleiro de Interior do Goberno Vasco (1980-1988).

Formou parte do "Colectivo Izadia" xunto con Ramón Labayen, José Miguel Zabala ou Javier Chalbaud, dende o que realizaba análises sobre a situación política vasca e mundial, sempre dende a perspectiva da súa profunda convicción soberanista.De las Españas a España. Un fracaso, Deia, 19 de marzo de 2006.

Unha das súas últimas aparicións públicas realizouna en outubro de 2006, nun acto de autoinculpación, á entrada do Palacio de Xustiza en Bilbao, xunto a outros ex-dirixentes históricos do PNV como Xabier Arzalluz, Eli Galdos ou Luis María Bandrés en protesta polo proceso xudicial aberto contra o lehendakari Juan José Ibarretxe.Egibar, Olano y 350 afiliados se autoinculpan en la causa contra Ibarretxe ante el TSJPV, 20minutos, 27 de octubre de 2006.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Falece Luís María Retolaza, primeiro conselleiro de Interior e fundador da Ertzaintza, no Correo Dixital, 23 de abril de 2007.

Categoría:Nados en 1924 Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Finados en 2007 Categoría:Políticos do PNV Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Conselleiros do Goberno Vasco