Rubén Camilo Lois González, nado en Palas de Rei o 13 de outubro de 1961, é un xeógrafo e político galego.
Traxectoria thumb|left|upright|Rubén Lois González en 1998. Fillo de Rubén Víctor Lois Calviño, naceu en Palas de Rei, onde residiu até os catorce anos. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1984) e doutorado en Xeografía pola mesma Universidade coa tese Aproximación a una Geografía de la Juventud. Estudio socioespacial de los Centros de España (1992). É catedrático de Análise Xeográfica Rexional da USC onde exerce a docencia dende 1990. Tamén impartiu docencia na Université do Maine, Université de Caen e Université de Touluse-Le Mirail en Francia, e na University of Bergen en Noruega. Foi Director Xeral de Turismo (2005-2009). É coordinador do Grupo ANTE: Análise Territorial (GI-1871) da USC e director da fundación CEER (Centro de Estudos Euro-Rexionais).
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na USC Currículo Artigos en Sermos Galiza Rubén C. Lois González
Categoría:Xeógrafos de Galicia Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Políticos do BNG Categoría:Nados en Palas de Rei Categoría:Nados en 1961