James Edward Rhodes, nado en Londres o 6 de marzo de 1975, é un concertista de piano inglés. Coñecido tamén polo seu activismo na denuncia dos abusos sexuais na infancia.

Traxectoria James Edward Rhodes naceu no seo dunha familia xudía de clase media en St. John's Wood, no norte de Londres. Estudou no Arnold House School, un colexio privado para rapaces onde foi vítima de abusos sexuais por parte do seu profesor de educación física, quen faleceu antes do xuízo. Nesta situación, Rhodes sufriu tanto mental como fisicamente, o que lle produciría unha desorde alimenticia, danos na súa columna vertebral e trastorno por estrés postraumático (TEPT).

Posteriormente tomaría clases de piano, pero non progresou máis aló do terceiro grao e aprendeu principalmente dun xeito autodidacta. Ingresou nun internado local e máis tarde entraría no Harrow School, onde estudaría co profesor de piano Colin Stone dende os 13 anos en diante. Durante esta época participou no programa televisivo BBC Young Musician of the Year da canle nacional, pero non pasaría da segunda rolda.

En 1993, obtén unha bolsa para o Guildhall School of Music and Drama.

Dende 2017 reside en Madrid.

En 2020 a editorial Rinoceronte publicou en galego a súa obra autobiográfica intitulada Instrumental (2014), en tradución de Eva Almazán"Instrumental" de James Rhode, Lecturafilia, 9 de xuño de 2020..

Discografía Álbums Razor Blades, Little Pills and Big Pianos (febreiro de 2009), Signum RecordsHewett, Ivan "Classical CD reviews - Simón Bolívar Youth Orchestra, James Rhodes and more ". The Daily Telegraph. 18 de febreiro de 2009.Jones, Rick 'Siberian Dido, review for 'Razor Blades, Little Pills and Big Pianos' ". BBC Radio 3. 20 de febreiro de 2009.Midgette, Annette "The Classical Beat - What's In a Name " The Washington Post. 9 de setembro de 2009.Distler, Jed "9/10 review for 'Razor Blades, Little Pills and Big Pianos' classicstoday.com. 11 de setembro de 2009 Now Would All Freudians Please Stand Aside (marzo de 2010), Signum RecordsWoolf, Peter Grahame "Musical Pointers review for 'Now Would All Freudians Please Stand Aside'" musicalpointers.co.uk. 15 de marzo de 2010.Silverman, Laura "The Times Top Downloads recommends James Rhodes " The Times. 26 de marzo de 2010.Thompson, Damian "Why does this clown think he can play late Beethoven " The Daily Telegraph. 8 de marzo de 2010. Bullets and Lullabies (decembro de 2010), Warner Music Gardner, Charlotte "BBC Review" BBC Music. 8 de decembro de 2010.Maddocks, Fiona "James Rhodes: Bullets and Lullabies – review" The Observer. 26 de decembro de 2010.Gill, Andy "Album: James Rhodes, Bullets & Lullabies (Warner Bros)" The Independent. 7 de xaneiro de 2011. Cover art by Dave Brown, Bollo from The Mighty Boosh JIMMY: James Rhodes Live in Brighton (maio de 2012), Signum Records 5 (xuño de 2014), Instrumental Records Inside Tracks - the mix tape (outubro de 2015), Instrumental Records Fire On All Sides (xaneiro de 2018), Instrumental Records

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Londres Categoría:Pianistas do Reino Unido