Luis Urrengoetxea Agirre, nado en Amorebieta, Biscaia en 1879, foi un político vasco de esquerdas e nacionalista, un dos fundadores de Acción Nacionalista Vasca (ANV).
Biografía Traballou como avogado e foi propietario de leiras na comarca biscaíña do Duranguesado. Durante a primeira década do século XX pasou de estar dentro da contorna do PNV, arredándose finalmente no 1905-1906 e achegándose ó semanario Euskalduna. No ano 1907, dimitiu como rexedor do concello de Bilbao por diverxencias coa dirección do partido. Porén, foi alcalde de Amorebieta entre 1914 e 1916 dentro das filas do PNV, e deputado da Deputación Foral de Biscaia de 1917 a 1919. Asistiu á Asemblea de Deputacións celebrada en Vitoria o 16 de xullo de 1917, á Comisión de Foros de Donostia o 13 de agosto do mesmo ano e á Conferencia das Deputacións de Vitoria o 19 de novembro de 1918 que pretendía promover a redacción dun estatuto de autonomía para o País Vasco. En 1917, foi presidente da Xunta de Instrución Pública da Deputación de Biscaia, presidida por Ramón de la Sota. En 1930 foi un dos asinantes, xunto con Anacleto Ortueta e Tomás Bilbao do Manifesto de San Andrés que deu pé á fundación de Acción Nacionalista Vasca. Foi candidato de ANV por Biscaia nas eleccións xerais españolas de 1931, pero non foi escollido. Morreu en Bilbao, por razóns que non son coñecidas.http://www.euskomedia.org/aunamendi/135196
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Luis Urrengoetxea alcalde de Amorebieta. Celebración dos cen anos Casa de Luis Urrengoetxea Na Biblioteca Nacional De España
Categoría:Nados en 1879 Categoría:Políticos de Acción Nacionalista Vasca Categoría:Políticos do PNV Categoría:Nados en Amorebieta-Etxano