En medicina, a hemodiálise é unha das terapias de substitución renal que pretende realizar de xeito artificial o traballo que fisioloxicamente faría o ril, isto é, a depuración de substancias de refugallo polo noso organismo. En liñas xerais, consiste en extraer do noso sangue produtos daniños para o noso corpo, como a creatinina ou a urea. Tamén pode empregarse para controlar a presión arterial ou eliminar o exceso de auga do noso organismo cando o ril non é quen de facelo.

A hemodiálise é unha das tres terapias que se poden empregar para substituír a función renal do ril. As outras dúas técnicas alternativas son a diálise peritoneal e o transplante renal.

A hemodiálise é unha técnica levada a termo por médicos nefrólogos, e habitualmente realízase nun ambiente hospitalario. En casos seleccionados pode realizarse no domicilio do paciente.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Hemofiltración Insuficiencia renal Ligazóns externas

Your Kidneys and How They Work - (American) National Institute of Diabetes and Digestive and Kidney Diseases (NIDDK), NIH

Categoría:Nefroloxía