Os tiburóns, escualos ou quenllas son os peixes cartilaxinosos elasmobranquios integrantes da superorde dos selaquimorfos (Selachimorpha, do grego σέλαχος sélachos, "tiburón" e μορφή morphé, "forma") ou euselaquios (Euselachii, do grego εύ eú, "ben", e σέλαχος sélachos, "tiburón", isto é, "os tiburóns verdadeiros").
Caracterízanse por seren grandes predadores mariños cun esqueleto cartilaxinoso, múltiples galadas (xeralmente cinco) a ambos os lados ou debaixo da cabeza, dentículos dérmicos cubrindo o corpo e varias ringleiras de dentes substituíbeis na boca. Porén, existen excepcións a estas características, en especial no que se refire a "grande", "mariño" e "predador".
Os tiburóns inclúen dende especies pequenas das profundidades mariñas, até o tiburón balea, o maior dos peixes, que pode chegar a 18 m de lonxitude e se alimenta soamente de plancto. O tiburón touro pódese desprazar a ríos e lagos de auga doce e algúns ataques a humanos aconteceron en ríos. Algunhas das especies maiores, en especial o marraxo azul e o tiburón branco, son endotermos parciais, capaces de manteren a súa temperatura corporal por riba da do medio acuático no que viven.
Das máis de 375 especies de tiburóns encontradas nos océanos do mundo, só unhas 30 atacaron algunha vez a seres humanos. As especies responsábeis da maioría destes ataques non provocados a humanos son o tiburón branco, o tiburón tigre e o Carcharhinus leucas.
Anatomía Características xerais Os tiburóns son condrictios (peixes cartilaxinosos), é dicir, o seu esqueleto está formado por cartilaxes en vez de por ósos.
A pel é rugosa e está cuberta por unha especie de escamas coñecidas como dentículos dérmicos, escamas óseas de orixe dérmica e epidérmica, moi diferentes das verdadeiras escamas dos peixes óseos, que a protexen contra os parasitos; outra das funcións desta pel tan específica é a de actuar como un silenciador, xa que a auga se distribúe cara a dentro das súas fendeduras e non cara a fóra, limitando a fricción contra a auga, mellorando a mobilidade e a velocidade da natación e, ademais, facendo que o desprazamento do peixe sexa moito máis silencioso.
Os tiburóns caracterízanse pola súa silueta fusiforme, hidrodinámica, e polas súas típicas aletas pectorais e dorsais, así como pola aleta caudal heterocerca (asimétrica). A diferenza dos peixes óseos, que teñen as galadas protexidas por opérculos, presentan, segundo as especies, de cinco a sete pares de branquias a ambos os lados da cabeza, que se abren ao exterior por senllas fendeduras branquiais.A. Ferrari & A. Ferrari (2009), pp. 12-16.
O seu fígado, bilobulado, pode representar até o 30 % do peso corporal,Compagno et al. (2005). e está constituído por un 90 % de escualeno. Serve principalmente para compensar a ausencia de vexiga natatoria e tamén como reserva enerxética.
miniatura|600x600px|Principais características anatómicas externas dos tiburóns. Debuxo dun tiburón etiquetando as súas principais características anatómicas:A boca, o fociño, as ventas do nariz, o ollo, o espiráculo, a espiña da aleta dorsal, a quilla caudal, o pterigopodio (clasper), o suco labial, as galas ou fendas branquiais, as aletas precaudais (segunda dorsal, anal) aleta peitoral, aleta pelviana e aleta caudal.|centro
Mandíbulas
miniatura|Mandíbulas dun marraxo azul (Isurus oxyrhinchis). miniatura|Dentes cos bordos dentados dun tiburón tigre (Galeocerdo cuvier). miniatura|Dentes afiados do marraxo azul.A mandíbula dos tiburóns, como a das raias, non está articulada co cranio. A superficie da mandíbula e os arcos branquiais dos tiburóns, en comparación cos doutros vertebrados, necesitan dun apoio extra debido á súa alta exposición ao estrés físico e á súa necesidade de forza.
Os tiburóns teñen unha capa de pequenas placas hexagonais chamadas "teselas", que son bloques de cristais de sales de calcio dispostas como un mosaico. Isto lle dá a estas zonas gran parte da forza que ten o tecido óseo noutros animais.Ferrari & Ferrari (2009), pp. 42-47.
En xeral, os tiburóns tenen soamente unha capa de teselas, pero as mandíbulas de especies moi grandes, como o tiburón branco e outras de tamaños similares, teñen dúas ou tres capas, ou aínda máis, dependendo do tamaño do corpo. Por exemplo, as fauces dun gran tiburón branco poden ter un grande espazo para albergar até cinco capas.
No rostro, a cartilaxe pode ser esponxosa e flexíbel para absorber a enerxía dos impactos.
Dentes
As mandíbulas dos tiburóns presentan características únicas no mundo animal. Son totalmente móbiles, independentes e tapizadas con centos de dentes distribuídos en varias filas das que só a última é funcional (as outra teñen dentes de substitución).
Os dentes, cuxa forma varía dependendo das especies, renóvanse continuamente durante toda a vida do animal, substituíndose espontaneamente polos dentes da seguinte fila cando caen ou están danados. Fixados nun tecido fibroso moi sólido, érguense cando o tiburón abre a boca, o que lle permite morder máis facilmente á presa e sostela firmemente coa concavidade dos dentes. Algúns tiburóns perden máis de 30 000 dentes en toda a súa vida. A taxa de substitución dos dentes varía de entre cada oito ou dez días até varios meses. Na maioría das especies, os dentes substitúense un a un, agás algunhas especies que substitúen unha fila enteira.
A forma dos dentes depende do réxime alimenticio do tiburón: os que se alimentan de moluscos e crustáceos teñen dentes densos e aplanados, utilizados para machucar, mentres que nos que se alimentan de peixes son rematados en punta e afiados, e os que cazan presas máis grandes, como mamíferos mariños, teñen dentes triangulares denticulados para facilitar o corte. Os dentes dos tiburóns que se alimentan de plancto son pequenos e non funcionais.
Aletas miniatura|Os raposos do mar (Alopias vulpinus) utilizan a súa longa aleta caudal para reunir e atordoar ás súas presas.miniatura|Espiña dun Centroscyllium fabricii na parte dianteira da súa primeira aleta dorsal. O esqueleto das aletas é alargado e está sostido por raios brandos e non segmentados denominados "ceratótricos", filamentos dunha proteína elástica semellante á queratina de pelos e plumas. A maioría dos tiburóns teñen oito aletas.
Os tiburóns utilizan a aleta caudal para propulsarse e para cambiar bruscamente de dirección, as aletas pectorais actúan como leme co mesmo principio que as ás ou planos dos avións, e as dorsais serven de estabilizadores.
Case todos os tiburóns teñen que estar nadando continuamente, incluso a baixa velocidade, co fin de manter un fluxo de auga que achegue suficiente oxíxeno ás branquias. Porén, algúns, especialmente os que viven cerca dos arrecifes, repousan no fondo poñéndose contra a corrente, o que é suficiente porque así captan o oxíxeno necesario para o seu metabolismo.Johnson, R. H. (1978): Sharks of tropical and temperate seas. Singapore: Les éditions du Pacifique. ISBN 981-204-116-8, p. 20.
A velocidade e a aceleración dependen da forma da aleta caudal. As formas varían considerabelmente entre as distintas especies debido á súa evolución en distintos ambientes. Os escualos teñen unha aleta caudal heterocerca: a parte dorsal é xeralmente máis longa que a ventral. A columna vertebral esténdese na parte dorsal, proporcionando unha maior superficie para a inserción de músculos. Isto permite un desprazamento na natación máis eficiente compensando a moi escasa flotabilidade destes peixes cartilaxinosos, a diferenza da maioría dos peixes óseos, que teñen aleta caudal homocerca.Ferrari & Ferrari (2009), pp. 36-38.
A aleta caudal do tiburón tigre (Galeocerdo cuvier) ten un gran lóbulo superior, o que lle permite pasar dunha natación lenta a unha rápida. Este tiburón debe poder xirar na auga facilmente cando caza as presas que constitúen a súa variada dieta, mentres que o marraxo (Lamna nasus), que caza peixes como a xarda e o arenque, ten un gran lóbulo inferior que o axuda a seguir o rápido ritmo das súas presas. A cola pode axudar tamén a cazar as presas, como no raposo do mar (Alopias vulpinus), que co lóbulo superior, extraordinariamente alongado, atordoa aos peixes e ás luras. Pel miniatura|Dentículos dérmicos do tiburón limón (Negaprion brevirostris) vistos no microscopio electrónico.A diferenza dos peixes óseos, os escualos teñen un complexo corsé cutáneo composto por fibras de coláxeno flexíbeis e dispostas de forma helicoidal ao redor do seu corpo, que funciona como un esqueleto externo, proporcionando unha superficie para a inserción dos músculos de natación economizando así enerxía. Os dentículos dérmicos danlle, ademais, vantaxes hidrodinámicas, porque reducen a turbulencia ao nadar.
A pel áspera dos tiburóns é resistente aos microorganismos. Anthony Brennan, enxeñeiro da Universidade de Florida, di que todos os tiburóns teñen escamas superpostas —dentículos—, que é difícil que sexan colonizadas por bacterias.
A pel das femias é máis grosa para resistir as mordidas dos machos durante a parada nupcial.Ferrari & Ferrari (2009), pp. 52-56.
Sentidos Os tiburóns, como outros peixes, posúen unha liña lateral a cada flanco do seu corpo que lles permite detectar cambios de presión e movementos na auga; como outros elasmobranquios tamén posúen no fociño ampolas de Lorenzini: órganos sensíbeis aos campos eléctricos (en especial aos pequenos campos eléctricos xerados por outros seres vivos na auga); tal sensibilidade aparece especialmente desenvolvida nos tiburóns martelo.
Os ollos dos tiburóns teñen, segundo parece, unha excelente visión potenciando a capacidade de ver en condicións de pouca iluminación (moi útil, por exemplo, para cazar en covas ou durante a noite, así como a grandes profundidades) mercé a que tras a retina posúen un tapetum lucidum. Porén, estudos recentes indican que a súa visión sería monocromática ao teren un único tipo de conos ou incluso careceren deles nalgunhas especies.http://zco1999.wordpress.com/2011/01/29/los-tiburones-no-ven-colores/ ZCO-1999: Los tiburones no ven colores] Consultada o 9/11/2012.
Considérase que tamén teñen moi desenvolvidos os sentidos do olfacto e do gusto (o que lles permitiría, a partir dunhas poucas moléculas, ulir e detectar a presenza de potenciais presas a bastante distancia).
Reprodución A maioría dos peixes óseos producen gran cantidade de ovos (en realidade, óvulos) moi pequenos que se depositan na auga, onde son fecundados externamente polos espermatozoides liberados polos machos). Este é un proceso no que se produce un gran desbildamento de materia e enerxía, porque a mortalidade inicial entre os ovos e as larvas sen protección é enorme, e as taxas de supervivencia son función das condicións ambientais. Os tiburóns optaron por unha estratexia reprodutiva diferente: os óvulos fecúndanse internamente, investindo máis enerxía en producir menos crías, pero máis protexidas.
Os métodos de reprodución dos tiburóns van desde as formas ovíparas, que poñen os ovos grandes e ben protexidos, até as especies ovovivíparas, que dan a luz crías vivas que se nutriron a través dunha placenta, de maneira análoga aos mamíferos.Sharks & Rays. Embryonic development en Animals. Consultada o 9/12/2012.
Órganos reprodutores masculinos