Mariano Jiménez Hueto, nado en Valladolid en 1879, foi un fotógrafo e político galego.
Traxectoria Chegou dende Castela a comezos do século XX, e traballou no Baixo Miño como fotógrafo profesional. Colaborou como redactor gráfico en La Voz del Tecla e dirixiu o semanario falanxista Presente. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi primeiro Tenente Alcalde da Comisión Xestora da Guarda. O 5 de novembro de 1936 o Gobernador civil destituíu a Nicolás Alonso Linares e nomeouno presidente da xestora. Permaneceu no cargo até o 14 de febreiro de 1939, cando o Gobernador ordenou o seu cesamento fulminante por pretender meter aos mozos de substitución de 1941 en camións de transporte de porcos, coa protesta violenta dos seus familiares.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas José Darse Sobrino
Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Alcaldes da Guarda Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Valladolid
Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en ano descoñecido