O Santuario e Basílica de Loiola é un complexo monumental e relixioso construído ó redor da casa natal de Ignacio de Loiola, fundador da Compañía de Xesús, coñecida como os Xesuítas. Atópase no barrio de Loiola do municipio guipuscoano de Azpeitia, no País Vasco. O santuario atópase a beiras do río Urola entre as poboacións de Azpeitia e Azcoitia.

Ignacio de Loiola, que en realidade se chamaba Iñigo López de Loiola, era fillo do señor de Loiola, Beltrán Ibáñez de Oñaz (cabeza dos Oñacinos), e da ondarresa Marina Sánchez de Licona, membro dunha importante familia oñacina biscaíña. Naceu no ano 1491 na casa torre familiar de Loiola.

A Compañía de Xesús converteuse nunha poderosa institución que tiña moita influencia na cúpula dirixente católica. Ignacio, o seu fundador, foi nomeado santo e, como era lóxico, a súa casa natal pasou a ser un lugar de devoción. Cando no século XVII a casa torre onde nacera foi cedida ós xesuítas, estes construíron alí, ó redor da casa natal do seu fundador, todo un complexo relixioso no cal destaca a súa basílica.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Ignacio de Loiola Compañía de Xesús Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Basílicas de España Categoría:Santuarios de España Categoría:Azpeitia