A curcumina é un colorante natural empregado como aditivo alimentario.

Características Ten unha cor entre amarela e laranxa e un sabor un chisco amargo. Extraese da raíz da cúrcuma, unha planta da familia do xenxibre que procede da India. Pode producirse tamén de forma sintética. O seu consumo considérase inofensivo para o ser humano.

Usos Empregase na elaboración industrial de manteigas, margarinas, queixos, iogures, crema de ovo, flans, salsas, mostazas, xelatinas, tés, fideos, marmeladas, xeados e repostería en xeralDescrición na páxina web www.aditivos-alimentarios.com ..

Parece demostrado que a curcumina intervén en efectos antiinflamatorios do organismo e ten aplicación no tratamento de procesos crónicos, neoplásicos, autoinmunes, neurolóxicos, cardiovasculares, pulmonares e metabólicos. Está demostrado que a curcumina é citotóxica para unha gran variedade de linas celulares tumorais de diferente orixe tisular, a pesar de que esta toxicidade é moi pequena.Figueruelo Arnáiz, Víctor: "La Curcumina y sus funciones" Universidad de Valladolid. 2014 .

Outras denominacións Coñécese tamén como extracto de cúrcuma, amarelo cúrcuma, diferuloil metano ou CI Natural Yellow 3. Tamén se distingue polo código E-100.

Notas

Categoría:Colorantes alimentarios