dereita|miniatura|300x300px|Mapa de áreas baixo ameaza por piratas somalís (2005–2010). A pirataría da costa de Somalia é unha ameaza para as embarcacións internacionais dende a segunda fase da Guerra Civil somalí, a comezos do século XXI. Dende 2005, moitas organizacións internacionais expresaron a súa preocupación polo aumento en actos de pirataría. A pirataría dificultou a entrega de envíos e aumentou os gastos de transporte, supoñendo uns custos estimados de 6,6$ a 6,9$ mil millóns nun ano en comercio global (2011) segundo "Oceans Beyond Piracy" (OBP). Segundo o Instituto Alemán para a Invetigación Económica (DIW), unha auténtica industria de especuladores tamén xurdiu ó redor da pirataría. Empresas de seguros aumentaron significativamente os seus beneficios dende o comezo dos ataques piratas, xa que as empresas fixeron medrar as taxas en resposta.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Secuestro do Alakrana
Categoría:Pirataría Categoría:Somalia