A dos triquiúridos (Trichiuridae) é unha familia de peixes teleósteos mariños da orde dos perciformes, e suborde dos escombroideos.
Os peixes desta familia son longos, delgados e xeralmente de cores azulada ou prateada. Reduciron considerablemente as aletas pelvianas e a caudal (que ás veces están ausentes), o que lles dá un aspecto similar a unha anguía. Son depredadores, e a súa boca é grande e está armada con dentes longos e afiados.Johnson, G. D. & Gill, A. C. (1998), en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5, p. 190.
A familia comprende unhas 40 especiess distribuídas polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.Nelson, J. S. (2006).
A súa antigüidade nos mares da Terra remóntase ao eoceno.
Características Teñen o corpo extremadamente alongado e fortemente comprimido lateralmente,Muus et al. (1998). ao que deben o nome vulgar de sabres,sabre 2 ANIMAL/ICT1 Peixe, que pertence aos xéneros Ruvettus, Trichiurus, Nesiarchus, que se caracteriza por presentar o corpo comprimido e fino. No Dicionario de galego, Vigo, Ir Indo, 2004, ISBN 84-7680.504-7.Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 178. ou peixes sabre.Lapidopus caudatus (Euphrasen, 1788) e Trichurus lepturus Linnaeus, 1758, en: Rodríguez Villanueva et al. (1994), pp. 224-227.
Depredadores, a súa boca e grande, e nas mandíbulas teñen longos dentes afiados de tipo cairo.
A aleta dorsal é moi longa, estendéndose todo ao longo do corpo, coa parte de raios brandos máis longa que a parte con raios espiñentos, distinguíbeis ambas as partes por unha marca nalgunhas especies. A aleta caudal é pequena, e algunhas veces está ausente. As aletas pectorais insírense na parte baixa do corpo, e as aletas pectorais, de estaren presentes, son case vestixiais.
Só presentan unha narina a cada lado do fociño.
Algúns deles son comestíbeis, especialmente a especie Trichiurus lepturus.
Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1810 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque, na súa obra Indice d'ittiologia Siciliana: ossia, Catalogo metodico dei nomi Latini, Italiani, e Siciliani dei pesci che si rinvengono in Sicilia disposti secondo un metodo naturale e seguito da un appendice che contiene la descrizione di alcuni nuovi pesci Siciliani / opuscolo del Signore C. S. Rafinesque Schmaltz, impreso en Messina por Giovanni del Nobolo.
Etimoloxía O nome da familia, Trichiuridae, está formado polos elementos do latín científico thichi- e -ur-, tirados da raíz do xenitivo do nome do grego antigo θρίξ τριχός thríx, trichós "pelo", "cabelo", e a voz οὐρά ourá, "cola", coa desinencia -idae, "semellantes", plural de -ideus e derivada do grego antigo ειδης eidēs, de είδος eídos, "aspecto", "aparencia", propia dos nomes das familias de animais.
Clasificación Segundo o WoRMS e o ITIS, a familia comprende 10 xéneros, agrupados en tres subfamilias:Trichiuridae Rafinesque, 1810 no WoRMS.Trichiuridae no ITIS.
Familia Trichiuridae Subfamilia Aphanopodinae Gill, 1863 Aphanopodinae Gill, 1863 no WoRMS.Aphanopodinae no ITIS. Xénero Aphanopus (Lowe, 1839) Xénero Benthodesmus (Goode & Bean, 1882) Subfamilia Lepidopodinae Gill, 1863 Lepidopinae Gill, 1863 no WoRMS.Lepidopinae no ITIS. Xénero Assurger (Whitley, 1933) Xénero Eupleurogrammus (Gill, 1862) Xénero Evoxymetopon (Gill, 1863) Xénero Lepidopus (Goüan, 1770) Xénero Tentoriceps (Whitley, 1948) Subfamilia Trichiurinae Rafinesque, 1810 Trichiurinae Rafinesque, 1810 no WoRMS.Trichiurinae no ITIS. Xénero Demissolinea (Burhanuddin & Iwatsuki, 2003) Xénero Lepturacanthus (Fowler, 1905) Xénero Trichiurus (Linnaeus, 1758)
Antigüidade Apareceron por primeira vez no rexistro fósil durante o eoceno, no terciario inferior.Berg, L. S. (1958): System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische. Berlin: VEB Verlag der Wissenschaften.Familia Trichiuridae en Fossilworks.
En Galicia Nas augas galegas son frecuentes as especies Lepidopus caudatus (Euphrasen, 1788) e Trichiurus lepturus Linnaeus, 1758.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU.: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega, S, A. ISBN 84-282-1161-2, pp. 234–235. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (II). Peixes óseos: xeneralidades, clasificación e orde perciformes. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-793-5, pp. 224–229.
Outros artigos Perciformes Escombroideos
Ligazóns externas Familia Trichiuridae en Fossilworks. Trichiuridae Rafinesque, 1810 no WoRMS. Familia Trichiuridae en FishBase. Trichiuridae no ITIS. Trichiuridae na ADW. Trichiuridae na EOL. Trichiuridae no NCBI.
Categoría:Perciformes