San Pedro de Vilachá (do latín villam planam, 'vila situada nun lugar plano') é unha parroquia que se localiza no concello de Becerreá. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 85 habitantes (47 homes e 38 mulleres), distribuídos en sete entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 106 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 57 habitantes, sendo 33 homes e 24 mulleres.

Lugares e parroquias Lugares de Vilachá

Parroquias de Becerreá

Categoría:Parroquias de Becerreá Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro