Carballo é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca de Bergantiños. É un concello grande (186,09 km²) que en 2023 tiña 31 432 habitantes segundo o IGE (15 361 eran homes e 16 071 mulleres). O xentilicio é carballés/carballesa e ten a súa capitalidade en Carballo.

O concello é atravesado de leste a oeste polo río Anllóns, que constitúe un importante ecosistema fluvial. O punto máis elevado do concello sitúase no monte de Santa Marta con 473 metros de altitude. No litoral do concello encóntrase o Espazo Natural de Razo-Baldaio, que conta cun dos maiores areais de Galicia con aproximadamente cinco quilómetros, e que contitúe o punto de maior interese paisaxístico e ecolóxico do concello. Dende o puto de vista xeolóxico, Carballo encóntrase o inicio da Depresión Meridiana, que cruza Galiza de norte a sur, e é testemuño da fracturación propia da oroxenia alpina.

Xeografía Parroquias de Carballo Situación O concello ten 186,09 km², e é un dos municipios de maior tamaño da provincia da Coruña. O termo municipal sitúase entre os primeiros cumios das serras de Soneira e Montemaior. Limita ao sur con Tordoia, ao oeste limita cos concellos de Coristanco, Ponteceso e Malpica de Bergantiños, ao norte, co océano Atlántico, mentres que ao leste linda cos concellos da Laracha,Cerceda e Arteixo.

Orografía e hidrografía miniatura|Montes en Entrecruces, ao sur do concello de Carballo. Entre os accidentes xeográficos, ao sur e ao leste do concello se encotran as maiores elevacións, nas marxes da superficie de aplanamento da denominada meseta de Ordes, salientando os montes de Santa Marta (477 m) na parroquia de Aldemunde, e Monte Alto (484 m) e o Petón das Mondas (474 m), ambos na parroquia de Rus. O río Anllóns atravesa o termo municipal de sueste a oeste formando o val do Anllóns. Na canle dun dos seus afluentes, o río Outón, fórmase a fervenza de Entrecruces. Ao norte, xa próximos á costa, están os montes de Lendo, Oza e Monte Neme, salientando pola súa altura Oza Vella (275 m) na parroquia de Oza, Coto de Vernes (349 m) na de Razo, e o propio Monte Neme (385 m), situado entre os concellos de Carballo e Malpica de Bergantiños, e que tivo unha grande importancia mineira, arqueolóxica e etnográfica.

Especialmente salientable pola súa importancia ecolóxica e paisaxística é a franxa costeira de Razo - Baldaio, integrada por unha serie de marismas, unha lagoa e longos areais litorais pertencente á Rede Natura declarada Zona de especial protección para as aves pola Unión Europea.

Clima {|class="wikitable collapsible" align="center" style="font-size:90%;border:0px;text-align:center;line-height:120%" ! colspan= "14" style="background: #DDDDDD;" | 17px Valores de media |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="17" | Mes ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Xan ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Feb ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Mar ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Abr ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Mai ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Xuñ ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Xul ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Ago ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Set ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Out ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Nov ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Dec ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Ano |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="16;" | Temperatura media (°C) | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 9 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 8 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 10 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 11 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 12 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 16 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 17 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 18 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 17 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 14 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 11 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 8 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 14,4 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" | Precipitacións (mm) | style="background: #4169E1;" | 110 | style="background: #6495ED;" | 65 | style="background: #4169E1;" | 110 | style="background: #87CEEB;" | 48 | style="background: #87CEEB;" | 46 | style="background: #87CEEB;" | 21 | style="background: #87CEEB;" | 19 | style="background: #87CEEB;" | 32 | style="background: #6495ED;" | 58 | style="background: #4169E1;" | 167 | style="background: #4169E1;" | 113 | style="background: #6495ED;" | 68 | style="background: #FFFFFF;" | 857 |- | colspan="14" style="text-align:center;font-size:90%;"|Fonte: kyero.com

Demografía miniatura|Manifestación contra o proxecto de mina en Corcoesto no 2013. Carballo é a capital e vila máis grande da comarca de Bergantiños, amais da maior poboación da Costa da Morte. Contaba no 2023 cunha poboación de 31 432 habitantes, agrupados en 314 entidades de poboación e 18 parroquias. Por isto, é o 8º concello máis poboado da provincia da Coruña. Estímase que en torno ao 60 % dos habitantes do concello residen no seu núcleo urbano. Debido á grande extensión do concello (186,09 km²) a súa densidade de poboación non é moi alta, de 168,89 hab./km². As parroquias máis poboadas son as de Bértoa (1.563 habitantes) e Carballo (20.095 habitantes), mentres que a parroquia menos poboada é Aldemunde (84 habitantes).

Censo total 2015 31.283 habitantes Menores de 15 anos 4.363 (13.95 %) Entre 15 e 64 anos 20.107 (64.27 %) Maiores de 65 anos 6.813 (21.78 %)

Fonte:INE Arquivo

O concello rexistra dende hai anos un crecemento constante de poboación, cun aumento de 720 habitantes dende o 2005, o que supón un 2,3%. Este aumento débese á natalidade (1.134 nacementos en cinco anos, cun saldo vexetativo positivo no concello), á inmigración, e principalmente á atracción que se exerce principalmente nos concellos da contorna, que recibiron entre 2005 e 2012 un total de 4.205 persoas procedentes doutros municipios. A poboación é relatívamente nova, con 9.315 veciños menores de trinta anos fronte aos 6.499 que superan os 65, e co groso da poboación, os 15.645 habitantes restantes, que se concentran na franxa de idade que vai dos 31 aos 64 anos.A inmigración en Carballo baixou case un 10% en cinco anos en La Voz de Galicia (13 de febreiro de 2012) Existen tamén asentamentos de moinantes en diversos lugares do concello, entre 600 e 1.000 segundo as fontesSocial and Spatial Segregation of The Moinantes in Carballo (A Coruña) Julia Regueiro & Ricardo García-Mira Universidade da Coruña ISSN 1576-6462 en PDF .

Inmigración O fenómeno migratorio é un factor importante no crecemento demográfico de Carballo, pois asentáronse dende o 2007 un total de 982 estranxeiros, aínda que dende o 2008 a poboación estranxeira do concello foi diminuíndo ata rexistrar 703 persoas estranxeiras de 43 nacionalidades distintas.A poboación estranxeira na comarca cae por segundo ano en La Voz de Galicia (17 de xaneiro de 2012) En 2007 residían en Carballo 778 cidadáns estranxeiros, o que supón o maior censo de estranxeiros das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra, e o concello de Cerceda con en torno ao 50% dos residentes estranxeiros dos 16 concellos.A poboación estranxeira creceu un 57% en Carballo en catro anos en La Voz de Galicia (17 de xaneiro de 2008) A colonia estranxeira máis numerosa é a uruguaia (se ben na actualidade hai menos da metade de cidadáns uruguaios no concello que no 2005), pero rexistran o maior crecemento as colonias de romaneses, brasileiros e senegaleses, mentres que as de cidadáns británicos, dominicanos e peruanos rexistraron un menor crecemento.

Historia miniatura|250px|O dolmen de Pedra Moura na parroquia de Aldemunde, o exemplo máis salientable da cultura megalítica no concello. O territorio no que hoxe se asenta Carballo estivo poboado dende épocas moi temperás. Testemuño destes primitivos asentamentos son os utensilios paleolíticos atopados no espazo natural de Razo - Baldaio, expostos no Museo Arqueolóxico da Coruña. No concello atopáronse bifaces de pedra pertencentes á cultura acheulense, estando datados os utensilios máis antigos atopados aproximadamente 120 000 anos antes de Cristo.

Da cultura megalítica chegou ata os nosos días o dolmen de Pedra Moura, situado na parroquia de Aldemunde, datado entre o ano 3500 e o 2700 antes de Cristo, e que constitúe o máis monumento megalítico máis importante do Concello. No Monte Neme existiu un crómlech ou círculo lítico, a Eira das Meigas, do que tan só se conservan as bases das pedras. Outras das mostras da cultura megalítica en Carballo son as numerosas mámoas como as catro mámoas dos Vilares na parroquia de Sísamo, a do Cruceiro de Arriba en Oza, a da Peniqueira en Ardaña, a de Queo en Bértoa, ou a da Agra das Moas en Cances. Existe constancia da elevada poboación que debeu existir no municipio durante a etapa castrexa. Así o demostran as vinte construcións catalogadas, aínda que se coñece a existencia de varios máis. Segundo algúns historiadores tería existido no concello canto menos un castro en cada unha das actuais parroquias que o conforman, e o profesor de prehistoria Antón Abel Rodríguez Casal sinala que no propio núcleo urbano, nas inmediacións do actual IES Alfredo Brañas, se encontraba un castro hoxe irrecoñecible como resultado da intervención humana. Malia que a conservación destes castros é irregular, sobresaen pola súa complexa estrutura os de Vilela, Nión ou Oza, nos que aínda pode apreciarse o recinto defensivo, ademais acháronse utensilios como restos de cerámica, tégulas romanas, muíños ou unha espada de antenas procedente posiblemente do castro da Baixa de Sofán. Os estudos realizados levan a pensar que estes castros poderían ser coetáneos da tribo celta dos brigantinos, que lle deu nome á comarca. miniatura|250px|esquerda|A ponte Lubiáns. É posible que os romanos se asentasen nas terras atraídos pola súa fertilidade e abundancia en minerais, especialmente as minas de estaño. A súa presenza está acreditada no século I, se ben ata os nosos días só chegou unha pequena parte do seu legado. Sobresae ademais a ponte Lubiáns, unha das máis estreitas de Galicia, que formaba parte da calzada romana Per Loca Maritima que cruzaba . Segundo os historiadores, os vestixios visibles datan da época medieval, ou do século XVIII. Outro dos motivos que puideron contribuír ao asentamento dos romanos foron as augas sulfurosas de Carballo, que aínda se explotan na actualidade. Así o testemuñan os restos dunha vila termal atopada no século XVIII.

A parroquia de San Xoán de Carballo, que recibiu o seu nome dun carballo situado diante da antiga igrexa parroquial, pertencía nas súas orixes á xurisdición de Santiago de Sísamo. Malia que a súa existencia pode ser constatada dende o século XII, o primeiro libro parroquial de Carballo data de 1663. Durante este período, e ata que acadou a independencia en 1607, dependeu do mosteiro de Soandres (do cal dependía dende 1418) e do Couto de Ardaña.

Este primeiro núcleo complementouse no século XVIII cun novo asentamento arredor da Casa de Baños. O redescubrimento en 1716 das famosas e saudables augas termais —das que se abastece hoxe o balneario de Baños Vellos— contribuíu en gran medida á creación do municipio. O propietario do terreo construíu unha casa hospital e unha capela dedicada á virxe da Estrela, que posteriormente daría nome á rúa na que se encontra o balneario. O actual centro urbano non existía, polo que as persoas que visitaban os baños tiñan que parar no actual barrio da Lagoa, que daquela era aldea máis próxima ao balneario