Vera Cooper Rubin, nada en Filadelfia (Pensilvania) o 23 de xullo de 1928 e finada en Princeton (Nova Jersey) o 25 de decembro de 2016, foi unha astrónoma estadounidense, pioneira na medición da rotación das estrelas dentro dunha galaxia. As súas medicións puxeron de manifesto que as curvas de rotación galáctica mantéñense planas, contradicindo o modelo teórico, sendo a evidencia máis directa e firme da materia escura.

No seu obituario, Dennis Overbye (do The New York Times), dixo dela que "transformou a física moderna e a astronomía coas súas observacións amosando que as galaxias e estrelas están inmersas no control gravitacional de vastas nubes de materia escura. O seu traballo axudou a introducir un cambio de escala copernicano na conciencia cósmica, é dicir, a percepción do que os astrónomos sempre viran e pensaran que era o universo, é só a parte visible dun masivo iceberg de misterio."

Primeiros anos Mudouse a Washington D. C. cando tiña uns 10 anos. Foi daquela cando comezou a a amosar interese pola astronomía. Os seus pais eran inmigrantes xudeus. O seu pai, Philip Cooper, foi un enxeñeiro eléctrico nado en Vilnius, Lituania, co nome de Pesach Kobchefski. A súa nai, Rose Applebaum, orixinaria de Besarabia, traballou para a Bell Telephone Company calculando a lonxitude das liñas telefónicas. Rubin tivo unha irmá máis vella, Ruth Cooper Burg, que foi xuíz administrativo no Departamento de Defensa dos Estados Unidos.

Educación Rubin decidiu seguir a súa educación pre grao no Vassar College "porque Maria Mitchell —a primiera astrónoma reciñecida dos EEUU— traballara alí"; logrou o seu título de grao (BA degree) no 1948, en astronomía, a única en dito campo nesa clase. Tentou enrolarse nun programa para graduados en Princeton pero nunca recibiu o seu catálogo de graduación, non sendo permitidas mulleres no programa de graduados en astronomía ata 1975.

Diferente foi o resultado do seu intento no mestrado de Cornell, onde estudou física con Philip Morrison, e Mecánica cuántica con Richard Feynman e Hans Bethe. Completou a tese no 1951, de xeito controvertido, examinando "a posibilidade dunha rotación conxunta no universo na procura dun fluxo 'non de Hubble'" período no que fixo unha das primeiras observacións de desviacións do fluxo de Hubble no movemento das galaxias.

Na súa tese doutoral (en Georgetown), Rubin argumentou que as galaxias poderían estar rotando arredor de centros descoñecidos, máis que sinxelamente separándose, como era suxerido pola teoría do big-bang naquel tempo. Robert Irion, en Science, describiu así o traballo: O estudo, realizado baixo a dirección de Gamow e completado no 1954, concluíu que máis que estar distribuídas de xeito aleatorio polo universo, as galaxias aglutínanse, unha idea entrevista por outros durante dúas décadas.. A publicación do estudo foi rexeitada polo Astronomical Journal e polo The Astrophysical Journal. Máis tarde admitiu que tiña poucos datos, pero a súa tese foi importante para a evidencia de Gerard de Vaucouleur dun "supercluster local". Isto forzouna a continuar o seu traballo analizando como as estrelas se moven por fóra das galaxias, campo no que continuou ata a súa morte en 2016.

Traballo

Trala súa graduación, foi profesora en Montgomery County Community College e tamén traballou na Universidade de Georgetown como asistente de investigación. No ano 1962 foi profesora asistente. En 1963 traballou con Geoffrey e Margaret Burbidge na Universidade de California. No 1964, foi a primeira muller en usar os instrumentos do Observatorio de Palomar Alto. No 1965 tamén mantivo un posto no Departamento de Magnetismo Terrestre en Carnegie. Foi Senior Fellow no Departamento de Magnetismo Terrestre e a súa área de traballo foi descrita como "Galáctica e dinámica extragaláctica: estrutura a grande escala e dinámica do universo".

Recoñecementos académicos e membresías Membro da Academia Nacional de Ciencias dos EEUU, da Academia Pontificia de Ciencias, e da Sociedade Filosófica Americana.

Leva o seu nome un observatorio astronómico en Chile.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Bolívar, Jorge (2018). Científicas. La apasionante historia de las mujeres detrás de los grandes descubrimientos de la ciencia. Editorial Guadalmazán. ISBN: 978-84-94608-56-8 Irene Cívico e Sergio Parra (2018). Las chicas son de ciencias. 25 científicas que cambiaron el mundo Penguim Random House. ISBN 978-84-9043-882-4. Ignotofsky, Rachel (2017). Mujeres de ciencia : 50 intrépidas pioneras que cambiaron el mundo (1ªed.). Madrid. ISBN 978-84-16830-80-0

Outros artigos

E ti, que científicas coñeces? Mulleres en física

Categoría:Nados en 1928 Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Finados en 2016 Categoría:Astrónomos dos Estados Unidos de América