Santiago de Baamonde é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 329 habitantes (163 homes e 166 mulleres), 47 menos ca en 2004 e 74 menos ca en 1999. Ten seis entidades de poboación.
Toponimia
O topónimo Baamonde ten orixe no nome de posuidor (do xermánico * "loita" e *-, "man, protección") a través do xenitivo () .
Situación Está situado a carón da conexión da A-6 coa estrada N-634 e coa A-8. A estación de Baamonde de tren de Adif está situada na liña A Coruña-Palencia.
Patrimonio A igrexa parroquial de Santiago é de orixe románica, e ao seu carón hai un calvario cun conxunto de tres cruceiros, o do centro con imaxes de Cristo e a Virxe Dolorosa. Na vila de Baamonde está a casa museo do escultor Víctor Corral. En Aldea de Arriba situábase a torre de Camarasa, declarada Ben de Interese Cultural a pesar da súa desaparición durante as guerras irmandiñas. O río Parga pasa pola parroquia. Ten unha praia fluvial a carón dun muíño, cunha presa que fai de piscina natural. Neste lugar encóntrase o Centro Recreativo Cultural e Deportivo de Baamonde.
Festas
A festa local celébrase o 11 de setembro, día da Virxe do Rosario.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Baamonde
Parroquias de Begonte
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Begonte
Ligazóns externas Asociación de Veciños "Montenegro" de Baamonde Asociación Cultural Castiñeiro Milenario de Baamonde
Categoría:Parroquias de Begonte Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Localidades do Camiño do Norte Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior