Michael Josef Gusikov, nado en Shklov (Belarús) o 2 de setembro de 1806 e finado en Aix-la-Chapelle o 21 de outubro de 1837, foi un músico ruso, intérprete do klezmer.
Traxectoria Naceu no seo dunha familia de músicos. Recibiu as súas primeiras leccións musicais a cargo do seu pai, músico profesional, en frauta e violín para entreter vodas e celebracións xudías. Aínda que non podía ler música, o seu talento era obvio e o seu vasto repertorio incluía non só música tradicional xudía, senón tamén melodías de Polonia, Rusia, Ucraína, Francia, Alemaña, Lituania, así como algunhas pezas clásicas. Nas súas interpretacións transmitía unha inspiración descoñecida profundamente melancólica e sentimental. Acompañado polo seu pai, comezou a facer xiras coas que gañaban unha sólida reputación en Rusia.
No apoxeo da súa xove carreira, encontrouse cunha devastadora traxedia. Foi golpeado pola tuberculose e viuse obrigado a abandonar a frauta, privándoo do único sustento que tiña para vivir coa súa esposa e tres fillos.
En 1831, dadas as súas grandes habilidades musicais, decide dedicarse a outro instrumento, pouco coñecido no momento, o “Shtroy Fidl”: instrumento primitivo orixinario da China e a India, que chegou a Occidente coa invasión bárbara dos tártaros e cosacos. Consistía nunha serie de listóns de madeira de diferentes tamaños dispostos en pequenos e delgados monllos de palla, golpeados con mazos. Gusikov mellorou o instrumento conseguindo unha amplitude de dúas oitavas e media de escala cromática, non na orde tradicional de semitón, senón dunha forma que facilitaba o seu rendemento. Gusikov é probable que coñecese este instrumento escoitándollo ao mestre consumado Sankson Jakubowski, co cal posteriormente estudaría.
En 1834 realiza concertos en Kíiv, Moscova e Odesa interpretando unha mestura de música xudía tradicional, música polaca, cancións rusas, música ucraína, así como transcricións de música clásica. Gusikov impactou a audiencia co seu excepcional virtuosismo e musicalidade, acompañado dunha capacidade de facer dun instrumento tan aparentemente simple, algo tan marabilloso e sofisticado. No concerto de Odesa escoitouno o violinista polaco Karol Lipinski, que co apoio do poeta Lamartine, animaron a Gusikov a realizar unha xira de concertos por Europa Occidental.
Xira por Europa Occidental En 1835 deixa a súa esposa e os seus fillos na casa e emprende a xira acompañado polos seus irmáns, co violín e o violoncello. Comeza en Lvov e Cracovia, máis tarde en Praga, chegando en 1836 a Viena, aínda capital musical da Europa da época, pero tamén un lugar marcado polo seu carácter antisemita imperial. Ignorando que a elite amante da música de Viena estaba retirada nas súas casas de verán, Gusikov concertou un concerto na cidade. O fracaso que tivo era o imaxinado dadas as circunstancias. Con todo, o crítico musical máis influente da Viena da época, Moritz Saphir, tras escoitar a Gusikov actuar en privado, apoiouno con entusiasmados artigos. Como resultado, realizou unha serie de doce concertos no Teatro Josefstadt estendéndose rapidamente a súa fama, probablemente como consecuencia da súa brillante musicalidade, virtuosismo e talento de improvisador, pero tamén pola estraña fascinación de que unha figura completamente hassídica, rodeada dos estereotipos xudeus da Europa do Leste, chegase a realizar as pezas de violín máis difíciles de Paganini cunha facilidade consumada. O seu aspecto de practicante hassídico, con rizos, barba, solideo e abrigo tradicional crearon fascinación, especialmente, en París onde os rizos se converteron no peitado de moda das mulleres co nome de “Coiffure a la Gusikov”.
miniatura|right|Instrumento de "palla e madeira"
Declive da saúde e morte Dúas publicacións da Revue Musicale indican os dous sucesos relevantes no seu último ano de vida. A primeira, pertence ao 23 de xuño, e dá noticia do roubo do seu instrumento:
A segunda, datada o 29 de outubro, dá noticia do seu falecemento:
Opinións sobre a súa música
Mendelssohn á súa nai:
Escritor anónimo no diario xeral Musicalische en setembro de 1835 (Viena):
Revista Gazette Musicale en xaneiro de 1837:
Franz Liszt:
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Copasetic – Avran Nednick iUniverse, Inc. Lincoln, NE 2004 La música dell’assenza – Gianluca Grossi 2012 Roma Lit Edizioni Srl Percussionist (ABriograpfical Dictionary) – Stephen L- Barnhart Ligazóns externas https://web.archive.org/web/20151017090337/http://www.rainloresworldofmusic.net/Archives/Guzikow/GuzikowArchFrontPage.html http://www.hopestreetmarimba.com/m-j-gusikow/
Categoría:Nados en 1806 Categoría:Finados en 1837 Categoría:Nados na rexión de Mahilioŭ Categoría:Músicos de Rusia