Aleksandr Porfirevich Borodin (en ), nado o 12 de novembro de 1833 en San Petersburgo (Imperio Ruso e finado na mesma cidade o 27 de febreiro de 1887, foi un compositor romántico ruso de ascendencia xeorxiana, así como médico e químico. Foi un dos compositores máis destacados do século XIX do chamado Grupo dos Cinco, un grupo adicado á produción de música clásica especificamente rusa, en lugar de imitar os modelos anteriores de Europa Occidental.Abraham, Gerald. Borodin: the Composer and his Music. London, 1927Dianin, Sergei Aleksandrovich. Borodin. London, New York, Oxford University Press, 1963Oldani, Robert, William. "Borodin, Aleksandr Porfir′yevich," Grove Music Online (Accessed 27 January 2006, subscription required)
Borodin é especialmente coñecido polas súas sinfonías os seus dous cuartetos, o seu poema sinfónico V srednei Azii (Nas estepas de Asia) e a súa ópera Kniaz Igor (Príncipe Ígor). Notable defensor dos dereitos da muller, Borodin foi promotor da educación en Rusia e fundou a Escola de Medicina para Mulleres en San Petersburgo.
Traxectoria Familia e educación Borodin naceu en San Petersburgo sendo fillo ilexítimo do nobre xeorxiano de 62 anos Luka Stepanovich Gedevanishvili, e unha muller casada rusa de 25 anos, Evdokia Konstantinovna Antonova. Debido ás circunstancias do nacemento de Aleksandr, o nobre rexistrouno como fillo dun dos seus servintes rusos, o que explica o apelido ruso do compositor. Como resultado deste rexistro, tanto Aleksandr como seu pai nominal ruso Porfirii foron oficialmente servintes do pai biolóxico de Aleksandr, Luka. O pai xeorxiano de Aleksandr liberouno da súa servidume cando este tiña sete anos e proporcionoulle casa e cartos para el e a súa nai. A pesar disto, Aleksandr nunca foi publicamente recoñecido pola súa nai, que se mantivo preto del, pero á cal o novo Borodin referiuse como a súa "tía".Lewis, David E. Early Russian Organic Chemists and Their Legacy. Springer Science & Business Media, 3 April 2012, p. 61Cooper, David K. C. Doctors of Another Calling: Physicians Who Are Known Best in Fields Other than Medicine. Rowman & Littlefield, 26 November 2013, p. 163
A pesar da súa condición de plebeo, Borodin foi ben provisto polo seu pai xeorxiano e medrou nunha gran casa de catro pisos, que foi regalada por Aleksandr á súa "tía" polo nobre.Sergei Aleksandrovich Dianin, Бородин: жизнеописание, материалы и документы. Гос. музыкальное изд-во: 1960, p. 32 Aínda que o seu rexistro impedía a súa inscrición nun ximnasio apropiado, Borodin recibiu unha boa educación en todas as materias da man dos seus titores na casa. En 1850 entrou na Academia Médico-Cirúrxica de San Petersburgo, e seguiu unha carreira en química. Ao graduarse pasou un ano como cirurxián nun hospital militar, ao que seguíronlle tres anos de estudos científicos avanzados en Europa Occidental.
En 1862 Borodin regresou a San Petersburgo para ocupar unha cátedra de química na Academia Imperial Médico-CirúrxicaD. E. Lewis, Early Russian Organic Chemists and Their Legacy e pasou o resto da súa carreira científica na investigación, ensinando e supervisando a formación doutros. Finalmente creou cursos de medicina para mulleres en 1872.
Borodin comezou a tomar lección de composición con Mily Balakirev en 1862. Casou con Ekaterina Protopopova, unha pianista, en 1863, e tivo canto menos unha filla, chamada Gania. A música seguiu a ser unha segunda vocación para Borodin fóra da súa principal carreira como químico e médico.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Maes, Francis, tr. Pomerans, Arnold J. e Erica Pomerans (2002): A History of Russian Music: From "Kamarinskaya" to "Babi Yar" .Berkeley, Os Ánxeles e Londres: University of California Press. ISBN 0-520-21815-9.
Willem G. Vijvers (2013): Alexander Borodin; Composer, Scientist, Educator. Amsterdam: The American Book Center. ISBN 978-90-812269-0-5.
Categoría:Nados en 1833 Categoría:Finados en 1887 Categoría:Compositores de Rusia Categoría:Nados en San Petersburgo Categoría:Compositores de ópera Categoría:Químicos de Rusia Categoría:Compositores de música clásica