A guerra civil chinesa, foi unha guerra civil que tivo lugar na China entre as forzas leais ao Kuomintang (ou Partido Nacionalista Chinés) (KMT), que gobernaban na República da China e as forza leais ao Partido Comunista Chinés (PCCh).Gay, Kathlyn. (2008). 21st Century Books. Mao Zedong's China. ISBN 0-8225-7285-0. pg 7 Este conflito iniciouse en agosto de 1927 despois da Expedición do Norte, dirixida polo xeneralísimo Chiang Kai-shek, e, esencialmente, terminou cando cesaron as grandes hostilidades en 1950.Hutchings, Graham. (2001). Modern China: A Guide to a Century of Change. Harvard University Press. ISBN 0-674-00658-5. Xeralmente pódese dividir en dúas etapas: a primeira desde 1927 ata 1937 e a segunda desde 1946 ata 1950 coa segunda guerra sino-xaponesa separándoos. A guerra foi un importante punto de inflexión na historia da China moderna, cun cesamento non oficial das hostilidades entre os bandos, quedando finalmente baixo control dos comunistas a China continental (incluída a illa de Hainan), onde se proclamou o novo réxime da República Popular da China (RPC), mentres os nacionalistas lograban manter o control sobre os territorios insulares de Taiwán, Pescadores e varias illas costeiras da provincia de Fujian, territorios nos que se mantivo ata a actualidade o réxime da República da China (RdC). Tamén causou un enfrontamento político e militar duradeiro entre os dous lados do estreito de Taiwán, coa RdC en Taiwán e a RPC na China continental que declaran oficialmente ser o goberno lexítimo de toda a China.

Orixes A primeira Fronte Unida miniatura|Sun Yat-sen na Academia Militar de Whampoa. Sun Yat-sen, líder do Kuomintang (KMT), buscou o auxilio das potencias estranxeiras para vencer aos señores da guerra que se fixeran co control no norte da China por mor da caída da dinastía Qing, tras a abdicación do último emperador, Puyi.So, Alvin Y. Lin, Nan. Poston, Dudley L. Contributor Professor, So, Alvin Y. (2001). The Chinese Triangle of Mainland China, Taiwan and Hong Kong. Greenwood Publishing. ISBN 0-313-30869-1. As democracias occidentais ignoraron os esforzos do líder nacionalista para atraerse a súa axuda. Con todo, en 1921 Sun Yat-sen recorreu á Unión Soviética. Facendo uso do pragmatismo político, os líderes soviéticos lanzaron unha política ambigua en virtude da cal apoiaban o KMT de Sun ao mesmo tempo que ao recentemente fundado Partido Comunista da China (PCCh). Os soviéticos esperaban a consolidación dos comunistas pero estaban preparados para a vitoria de calquera dos dous bandos. Deste xeito iniciouse a loita polo poder entre os nacionalistas e os comunistas.

En 1923 unha declaración conxunta en Shanghai de Sun e do representante soviético Adolf Iofe comprometeu a Unión Soviética a prestar axuda para a unificación nacional da China.March, G. Patrick. Eastern Destiny: Russia in Asia and the North Pacific. (1996). Greenwood Publishing Group. ISBN 0-275-95566-4. pg 205. Os asesores soviéticos -o máis prominente dos cales, Mikhail Borodin, era axente da Komintern- empezaron a chegar á China en 1923 para apoiar a reorganización e consolidación do KMT segundo a liña trazada polo Partido Comunista da Unión Soviética. O PCCh recibira da Komintern instrucións de cooperar co KMT e aos seus membros animábaselles a unirse a eles sempre que os partidos mantivesen as súas identidades, formando así a Primeira Fronte Unida entre os dous partidos. Os membros comunistas permitíuselles unirse ao KMT sobre unha base individual. O PCCh en si aínda era un partido pequeno na época, tiña uns 300 membros en 1922 e tan só 1.500 en 1925.Fairbank, John King. (1994). China: A New History. Harvard University Press. ISBN 0-674-11673-9. O KMT en 1923 tiña 50.000 membros. O KMT, co apoio soviético, creou en Moscova a Universidade Sun Yat-sen para formar os futuros cadros políticos. Os asesores soviéticos axudaron os nacionalistas para crear un instituto político destinado á formación de propagandistas en técnicas de mobilización de masas e en 1923 enviaron a Chiang Kai-shek a MoscovaChang, H.H. Chang. (2007). Chiang Kai Shek – Asia's Man of Destiny. ISBN 1-4067-5818-3. pg 126 para levar a cabo estudos militares e políticos durante varios meses. Chiang fora un dos lugartenentes de Sun Yat-sen desde os días da sociedade secreta Tongmenghui ou Alianza unida, o movemento político precursor do KMT. Ao regreso de Chiang Kai-shek, a finais de 1923, este tomou parte na creación da Academia Militar de Whampoa (inaugurada o 1 de maio de 1924) nos arredores de Cantón, cidade sede do goberno durante a alianza KMT-PCCh. En 1924, Chiang Kai-shek pasa a dirixir a academia e desta forma iníciase o seu ascenso cara á posición de sucesor de Sun Yat-sen como líder do KMT e unificador de toda a China baixo o goberno nacionalista.

Os soviéticos proporcionaron á academia moito material educativo, organización e equipo, incluíndo municións. Tamén proporcionaron educación en moitas das técnicas de mobilización masiva. Con esta axuda, Sun Yat-sen foi capaz de levantar un "exército dedicado o partido", co que esperaba derrotar militarmente os señores da guerra. Os membros do PCCh tamén estaban presentes na academia, e moitos deles convertéronse en instrutores, entre eles Zhou Enlai, que foi nomeado instrutor político.Ho, Alfred K. Ho, Alfred Kuo-liang. (2004). China's Reforms and Reformers. Greenwood Publishing Group. ISBN 0-275-96080-3. pg 7.

Con todo, despois de que Sun Yat-sen morrese (1 de marzo de 1925), o KMT dividiuse en movementos esquerdistas e dereitistas. Os membros do KMT tiñan medo de que os soviéticos estivesen a tratar de destruír o KMT desde o interior usando o PCCh. O PCCh comezou entón movementos en oposición á Expedición do Norte, e aprobou unha resolución na súa contra nunha reunión do partido.

Logo, en marzo de 1927, o KMT celebrou a súa segunda reunión de partido onde os soviéticos axudaron a aprobar resolucións contra a Expedición e frear o poder de Chiang. Pronto, o KMT estaría claramente dividido.

Expedición do Norte (1926-1928) e cisma no KMT A principios de 1927, a rivalidade entre o KMT e o PCCh levounos a unha división nas filas revolucionarias. O PCCh e os membros á esquerda do KMT decidiran trasladar a sede do goberno do KMT de Guangzhou a Wuhan, onde a influencia comunista era máis forte.

O 7 de abril, Chiang Kai-shek e varios outros líderes do KMT sostiveron unha reunión, durante a cal propuxeron que as actividades comunistas eran social e economicamente disruptivas e tiñan que ser desfeitas para que a revolución nacional continuase. O 12 de abril, en Xangai, o KMT foi purgado de esquerdistas, por orde do xeneral Bai Chongxi, coa detención e execución de centos de membros do PCCh.Brune, Lester H. Dean Burns, Richard Dean Burns. (2003). Chronological History of U.S. Foreign Relations. Routledge. ISBN 0-415-93914-3. O PCCh referiuse a isto como o Incidente do 12 de abril ou o Masacre de Xangai.Zhao, Suisheng. (2004). A Nation-state by Construction: Dynamics of Modern Chinese Nationalism. Stanford University Press. ISBN 0-8047-5001-7. Este incidente ampliou a brecha entre Chiang Kai-shek e Wang Jingwei, outro señor da guerra que controlaba a cidade de Wuhan.

Eventualmente, a á esquerda do KMT tamén expulsou membros do PCCh do goberno de Wuhan, que á súa vez foi derrubado por Chiang Kai-shek. Chiang Kai-shek, na súa calidade de comandante en xefe do Exército Nacional Revolucionario (ENR), iniciou a Expedición do Norte que levaba tempo postergada. Era unha acción en contra dos señores da guerra e pretendía a unificación da China baixo o mando do KMT. O KMT renovou a súa campaña contra os señores da guerra e capturou Pequín en xuño de 1928.Guo, Xuezhi. (2002). The Ideal Chinese Political Leader: A Historical and Cultural Perspective. Greenwood Publishing Group. ISBN 0-275-97259-3. Pronto, a maior parte da China do Leste estivo baixo control do goberno central de Nanjing, que pronto recibiu o recoñecemento internacional como único goberno lexítimo da China. O goberno do KMT anunciou, de acordo con Sun Yat-sen, a fórmula para as tres etapas da revolución: unificación militar, tutela política e democracia constitucional.Theodore De Bary, William. Bloom, Irene. Chan, Wing-tsit. Adler, Joseph. Lufrano Richard. Lufrano, John. (1999). Sources of Chinese Tradition. Columbia University Press. ISBN 0-231-10938-5. pg 328. Insurxencia comunista (1927-1937) miniatura|Tropas do ENR disparando artillaría contra as forzas comunistas Durante a década de 1920, os activistas do PCCh refuxiáronse na clandestinidade ou fuxirón o campo, onde fomentaron unha rebelión armada. A rebelión do PCCh contra o goberno nacionalista comezou o 1 de agosto de 1927 en Nanchang, Jiangxi.Lee, Lai to. Trade Unions in China: 1949 To the Present. (1986). National University of Singapore Press. ISBN 9971-69-093-4. Do levantamento de Nanchang xurdiu a formación dun exército rebelde comunista, o Exército Vermello dos Traballadores e Campesiños Chineses, que máis tarde se convertería no Exército Popular de Liberación. O 4 de agosto, as forzas do Exército Vermello abandonaron Nanchang e dirixíronse cara ao sur nun ataque contra Guangdong. As forzas gobernamentais rapidamente recuperaron Nanchang mentres as forzas rebeldes escapaban ao campo. Unha reunión do PCCh o 7 de agosto confirmou a intención do partido de tomar o poder pola forza, seguida por unha violenta campaña anticomunista do goberno de Wang Jingwei en Wuhan a partir do 8 de agosto. O 14 de agosto, Chiang Kai-shek ante a falta de apoios por parte da xunta militar de Nanjing retirouse á súa aldea natal. Máis adiante o PCCh fixo outros intentos para tomar as cidades de Changsha, Shantou e Guangzhou. O Exército Vermello formado por soldados amotinados do antigo Exército Revolucionario Nacional (ERN), así como campesiños armados estableceu o control ao longo de varias áreas do sur da China. Mentres tanto as forzas do KMT seguian tentando acabar coas rebelións. Entón, en setembro, Wang Jingwei foi forzado a saír de Wuhan e o 7 de setembro produciuse unha insurrección armada sen éxito coñecida como a revolta da colleita do outono, liderada por Mao Tse Tung.Blasko, Dennis J. (2006). The Chinese Army Today: Tradition and Transformation for the 21st Century. Routledge. ISBN 0-415-77003-3. Mikhail Borodin volveu en outubro, outra vez, á Unión Soviética vía Mongolia. En novembro, Chiang Kai-shek foi a Shanghai e invitou a Wang a unirse a el. O 11 de decembro, o PCCh comezou o levantamento de Cantón, establecendo un soviet alí ao día seguinte, pero o 13 de decembro perdeu a cidade tras un contraataque baixo as ordes do xeneral Zhang Fakui. O 16 de decembro, Wang Jin fuxiu a Francia. Agora había tres capitais na China: Pequín que era a capital da república internacionalmente recoñecida, outra en Wuhan gobernada polo PCCh e o KMT de esquerdas e outra en Nanjing rexida polo réxime de dereitas do KMT e que seguiría sendo a capital do KMT durante a próxima década.Esherick, Joseph. (2000). Remaking the Chinese City: Modernity and National Identity, 1900–1950. University of Hawaii Press. ISBN 0-8248-2518-7.Clark, Anne Biller. Clark, Anne Bolling. Klein, Donald. Klein, Donald Walker. (1971). Harvard Univ. Biographic Dictionary of Chinese communism. Original from the University of Michigan v.1. Digitized Dec 21, 2006. p 134.