miniatura|Narracións e outras prosas na Biblioteca Básica da Cultura Galega. Inclúe: Un ollo de vidro, Retrincos, Os dous de sempre, Alba de gloria e outras prosas.
Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete é un texto en prosa escrito por Castelao e publicado en 1922 pola Editorial Céltiga, de Ferrol. Consta dunha serie de secuencias narrativas que acadan unidade estrutural grazas a seren produto dunha conversa entre un narrador, o esqueleto, que lembra secuencias da súa vida pasada, e dous paranarradores, colegas de cemiterio.
Características O xénero memorialístico asociado á temática do alén constitúe un punto de partida paradoxal pois normalmente as memorias son crónicas dun periplo vital, mentres que aquí, ao ser un esqueleto o protagonista, as memorias recollen as peripecias dunha existencia máis alo da morte. Castelao, no prólogo, diríxese ó lector e indica como atopou as memorias do esqueleto: o sepultureiro facilítalle as "memorias", escritas cun garabullo en anacos de periódico e papeis de fumar. O achado do relato manuscrito é resultado da óptica dun ollo de vidro dunha caveira, pois o narrador, o esqueleto, transcribe o que pode contemplar co ollo de vidro que lle foi posto en vida:
O humorismo é un recurso esencial do tratamento do tema. Mediante o humor, Castelao revela a cerna dos asuntos tratados, sen concesións ó simplemente anecdótico. Deste xeito descobre os aspectos máis inesperados pero ó mesmo tempo os máis auténticos, que agachan o comportamento dos seus personaxes. Para acadar o humor, sérvese da técnica do contraste entre o riso e a dor e achega un mundo escuro e ruín de xeito que provoca hilaridade sen ser alleo a temas habituais en Castelao como a defensa da lingua, a emigración ou a crítica social, de carácter anticaciquil:
Nesta obra obsérvase xa unha estrutura narrativa semellante á da novela Os dous de sempre: O sintetismo na narración ("nacín, medrei... e un bo día enfermoume un ollo"), provocado pola expresión coidada e traballada que busca a sinxeleza e claridade. Parece unha prosa que xorde sen esforzo, pero que resulta altamente expresiva. Preséntansenos pequenas historias que se van sumando unhas a outras e que teñen como fío condutor ós personaxes. Estes aparecen caricaturizados mediante a seren caracterizados esquematicamente con pinceladas impresionistas que contrastan co realismo expresionista dalgúns momentos da narración.
Edicións Castelao refixo nesta narración un texto co que comezaba a súa conferencia "Humorismo. Dibuxo humorístico. Caricatura", ditada en marzo de 1920 na Coruña (e xa publicada n'A Nosa Terra o 31 de marzo de 1920, con motivo da exposición do álbum Nós), polo que se pode considerar que recolle en prosa literaria o que el entendía por humorismo.
Un ollo de vidro foi o número 7 da colección Céltiga de novelas breves, e foi impreso cunha portada deseñada polo propio Castelao e seis litografías. Tamén debuxou o cartel publicitario.
En 1961 a Real Academia Galega publicou o orixinal que se conserva nesa institución.
Dende 1994, Galaxia edita o texto conxuntamente co doutra obra do mesmo autor, Retrincos, baixo o título Retrincos. Un ollo de vidro.Editorial Galaxia
Traducións Ao éuscaro por Koldo Izaguirre Urreaga co título de Kristalezco begia publicado en 1976 por Luis Aramburu, Col. Kriselu.
Ao castelán por Miguel Hernández Sola co título de Un ojo de vidrio publicado en 2001 por Trama Editorial, Col. Largo Recorrido.Trama Editorial
Ao francés por Vincent Ozanam co título de Un œil de verre. Mémoires d'un squelette, e publicado por Les Foundiers de Briques en 2011"Sae a edición en francés de Un ollo de vidro", artigo en Cultura galega, 30 de novembro de 2011.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Río Conde, Elisa (1989). "Breve comentario sociolóxico a “Un ollo de vidro-Memorias dun esquelete”" p. 223-236. Actas Congreso Castelao 1986 t. II. USC. ISBN 84-7191-569-3.
Outros artigos Cré na Cille
Ligazóns externas Un ollo de vidro. Memorias d'un esquelete .
Categoría:Obras literarias de 1922 Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de Castelao