O mar de Flores (en indonesio, Laut Flores) é un pequeno mar do océano Índico localizado no interior do arquipélago indonesio, este mar é nomeado así pola illa de Flores, cuxas augas pertencen a Indonesia e Timor Oriental. Comprende unha superficie de 240.000 km².

Xeografía Os seus límites son: ao sur, as illas de Sumbawa, Komodo e Flores, e varios estreitos que conectan co mar de Savu (océano Índico); ao norte, a costa meridional da illa de Célebes; ao leste, a Illa Selayar e o mar de Banda; ao oeste, as illas Sabalana o mar de Balí e o mar de Xava.

Delimitación da IHO

A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares para os efectos de navegación marítima, a Organización Hidrográfica Internacional («International Hydrographic Organization, IHO), considera o mar de Flores como un mar. Na súa publicación de referencia mundial, Limits of oceans and seas (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asígnalle o número de identificación 48j, dentro do arquipélago das Indias Orientais e defíneo da forma seguinte:

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Mar de Balí Mar de Banda Mar de Savu Mar de Xava Ligazóns externas Flores sea: GeolicalL Setting

Categoría:Mares do Océano Índico Categoría:Xeografía de Indonesia