Amazonas é un dos 32 departamentos de Colombia, que se atopa na parte sur do país na rexión amazónica colombiana, en gran parte ó sur da liña ecuatorial. É o meirande departamento colombiano e componse na súa totalidade de territorio da selva amazónica. Polo norte limita cos departamentos de Caquetá e Vaupés e polo noroeste co departamento de Putumayo. O resto do seu territorio é de fronteira internacional: polo leste co Brasil e polo sur e sueste co Perú. Amazonas é o departamento con maior lonxitude en límites internacionais do país.

O anaco máis meridional do departamento, ó sur do río Putumayo, chámase "Trapecio amazónico", o cal inclúe a tripla fronteira de Colombia, o Perú e o Brasil, o acceso colombiano ó río Amazonas (no seu límite sur), e a capital do departamento, a cidade de Leticia.

Demografía

Composición étnica Mestizos e brancos (55,16 %) Indíxenas (42,84 %) Afrocolombianos (2,00 %)

Notas

Véxase tamén Bibliografía Los indígenas de Colombia; Horacio Calle Restrepo, Álvaro Chávez Mendoza e Jorge Morales, Madrid, Mapfre, D.L., 1992.

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Amazonas, Colombia Categoría:Departamentos de Colombia