A epidermodisplasia verruciforme (tamén chamada displasia de Lewandowsky-Lutz ou epidermodisplasia verruciforme de Lutz-Lewandowsky ou enfermidade do home-árbore) é unha rara doenza de orixe xenética asociada a un alto risco de carcinoma. Caracterízase pola susceptibilidade anormal ó virus do papiloma humano (VPH). O resultado non controlado de infeccións por VPH trae como consecuencia o desenvolvemento de escamas máculas e pápulas, sobre todo en mans e pés. É tipicamente asociados a tipos de VPH 5 e 8, que se atopan en preto do 80% da poboación normal, como as infeccións asintomáticas, aínda que outros tipos tamén poden contribuír.
A condición adoita comezar entre as idades de 1 a 20 anos, pero en ocasións pódese presentar en persoas de mediana idade. O nome débese ós dermatólogos que documentaron por primeira vez un caso, Félix Lewandowsky (1879-1921) e Wilhelm Lutz (1888-1958).
Aínda que a súa incidencia na poboación é máis ben escasa, existen casos de sona desta doenza. Dede Koswara ó cumprir 35 anos, notou que das súas mans e pés xurdían uns tecidos semellantes ás raíces das árbores. Tras varias probas, os médicos detectaron que o mozo indonesio, sufría unha condición estraña chamada epidermodisplasia verruciforme. Esta enfermidade é de orixe xenética.
Notas
Categoría:Doenzas xenéticas Categoría:Doenzas virais Categoría:Doenzas raras