dereita|miniatura|200x200px|Moeda anglosaxoa a nome de Ecgberht, Museo Fitzwilliam. Ecgberht II foi rei de Kent conxuntamente con Heaberht.
Traxectoria
Ecgberht II é coñecido polas súas moedas e documentos, nun intervalo que vai desde 765 a 779, dous dos calesforon testemuñados ou confirmados por Heaberht
Ecgberht II subiu ao trono por 765, cando emitiu o seu máis antigo documento conservado. Mais ao redor deste tempo Offa, rei de Mercia, parece que tentaba gobernar Kent directamente, pois parece que emitiu ou confirmou un número de documentos en relación con Kent. Segundo a Crónica anglosaxoa, tivo lugar unha batalla en Otford en 776, e malia non rexistrarse nela o desenlace, o feito de que Kent parece ter ficado independente por varios anos despois suxire que Ecgberht saíra vitorioso. Sábese que ficou como rei até polo menos o 779, a data do seu documento máis tardío.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ecgberht 9 Prosopografía de Inglaterra anglosaxoa.
Categoría:Reis de Kent