Santa María de Trobo é unha parroquia do concello de Begonte na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2014 tiña 143 habitantes (80 homes e 63 mulleres), 28 menos ca en 2004 (90 homes e 81 mulleres) e 39 menos ca en 1999. Ten seis entidades de poboación. Toponimia O topónimo Trobo, posiblemente derivado do termo prelatino *, faría referencia a un trobo ou colmea fixa escavada no tronco dunha árbore.

Patrimonio Igrexa parroquial de Santa María. Ao seu carón, un cruceiro. Lugares e parroquias Lugares de Trobo

Parroquias de Begonte

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Begonte

Categoría:Parroquias de Begonte Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María