Leopoldo II de Habsburgo, nado en Viena o de finado o 1 de marzo de 1792, foi arquiduque de Austria (desde o seu nacemento) e gran duque de Toscana (1765-1790), e emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, e rei de Hungría e de Bohemia (1790-1792) ao falecer o seu irmán Xosé II.
Traxectoria esquerda|miniatura|285x285px|Leopoldo II (esquerda) co seu irmán Xosé II de Habsburgo, en 1769. Leopoldo de Habsburgo-Lorena foi fillo dos emperadores María Tareixa I de Austria e Francisco I.
Durante o seu breve reinado sufocáronse as sublevacións que tiveron lugar en Hungría e a actual Bélxica. Asinou a paz de Sistova en 1791, que puxo fin ao conflito cos turcos, e acordou con Frederico Guillerme II de Prusia unha alianza contra a Francia revolucionaria. A posible expansión da revolución francesa resultaba para el unha dobre ameaza, no seu carácter de monarca absoluto e irmán de María Antonieta, raíña de Francia. A pesar diso, opúxose a unha intervención armada en Francia.
Matrimonio e fillos esquerda|miniatura|212x212px|María Luísa de Borbón, esposa de Leopoldo II, nun retrato de 1770 por Mengs. Casou coa infanta María Luísa de Borbón (1745-1792), filla de Carlos III de España e María Amalia de Saxonia.Este matrimonio resultou ser sumamente prolífico, pois tiveron 16 fillos, dos cales 14 chegaron a nacer vivos e alcanzaron a madurez. María Tareixa (1767-1827), casada con Antonio, Rei de Saxonia. Tivo catro fillos. Francisco II (1768–1835), chegaría a ser Emperador de Austria. Tivo doce fillos. Fernando III (1769–1824), Gran Duque de Toscana. Tivo seis fillos. María Ana (1770-1809). Abadesa do convento teresiano de Praga. Non tivo descendencia. Carlos (1771–1847), vencedor da Batalla de Aspern-Essling. Tivo sete fillos. Alexandre Leopoldo (1772-1795), Nádor de Hungría. Morreu solteiro. Non tivo descendencia. Alberte (1773-1774). Morreu na infancia. Maximiliano (1774-1778). Morreu na infancia. Xosé Antonio (1776–1847), casado con Alexandra Pavlovna Romanova, que sucedeu ao seu irmán como Nádor de Hungría. Tivo oito fillos. María Clementina (1777–1801), contraeu matrimonio con Francisco, futuro Rei das Dúas Sicilias. Tivo dous fillos. Antonio Vítor (1779-1835), brevemente Arcebispo-Elector de Colonia e despois Gran Mestre da Orde Teutónica. Sen descendencia. María Amalia (1780-1798). Sen descendencia. Xoán (1782–1859), o "Príncipe de Estiria". Tivo un fillo. Raniero (1783–1853). Tivo oito fillos. Luís (1784-1864). Tivo unha filla. Rodolfo (1788–1831), Cardeal-Arcebispo de Olomouc, protector de Schüler e Beethoven. Sen descendencia.
Sucedeulle o seu fillo Francisco II, o último emperador do Sacro Imperio Romano e o primeiro de Austria, (Francisco I).
Véxase tamén
Outros artigos Sacro Imperio Romano Xermánico. Casa de Habsburgo.
Categoría:Finados en 1792 Categoría:Nados en 1747 Categoría:Nados en Viena Categoría:Emperador do Sacro Imperio Romano Categoría:Reis de Bohemia Categoría:Reis de Hungría