Suso Bahamonde, nado na Coruña en 1978, é un escritor galego.

Traxectoria Instalado na Costa da Morte, foi membro do Batallón Literario da Costa da Morte. Tamén fundou o grupo poético musical The Inversos onde mesturaban poesía e rock, e onde el se encargaba da voz e as letras.

Publicou en 2001 o poemario Óxido nas flores da tarde en Letras de Cal. Colaborou en Dorna. En 2012 obtivo o accésit do Certame de Microrrelatos da Lonxa Literaria de Moaña polo relato "1985, verán"Manuel Fraga e Suso Bahamonde, premiados no certame de microrrelatos Faro de Vigo.. En 2014 publicou o poemario ExpansiónSuso Bahamonde presentará «Expansión» o 30 de maio en Cee La Voz de Galicia. que fora finalista no I Certame de Poesía Ardeiro. No 2019 publicou o poemario Caída. En 2021 fixo a súa primeira incursión na narrativa co libro de relatos, Instrucións para matar un oso.

Obra Poesía Óxido nas flores da tarde, 2001 (Ed. Letras de Cal). Expansión, 2014 (Didot Editorial). Caída, 2019 (M Editora).

Narrativa Instrucións para matar un oso, 2021 (Editorial Belagua).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Bahamonde, Suso. Escritor

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1978

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes