O Aeroporto Internacional dos Ánxeles (IATA: LAX, ICAO: KLAX, FAA LID: LAX) é o aeroporto máis grande e concorrido da área Gran Os Ánxeles e do estado de California, ademais de ser un dos aeroportos internacionais máis grandes dos Estados Unidos. Adoita a ser coñecido polo seu código IATA LAX, pronunciando as letras individualmente. LAX iatópase no suroeste da área dos Ánxeles ao lado do océano Pacífico, entre o barrio de Westchester no norte e a cidade de El Segundo no sur. É propiedade e está operado por Los Angeles World Airports, unha axencia do goberno dos Ánxeles, antigamente coñecida como Departmento de Aeroportos.
En 2015 por LAX pasaron 74 936 256 pasaxeiros, un incremento do 6% con respecto ao ano anterior, facéndoo o sétimo aeroporto con máis pasaxeiros do mundo. LAX tamén foi o terceiro aeroporto do mundo en movemento de aeronaves. Aínda que LAX é o aeroporto máis concorrido da zona, outros, como o Aeroporto Bob Hope, o Aeroporto John Wayne, o Aeroporto de Long Beach e o Aeroporto Internacional LA/Ontario, tamén serven á rexión. Destaca tamén por ser un dos poucos aeroportos estadounidenses con catro pistas paralelas.
LAX funciona como centro de conexións para Alaska Airlines, American Airlines, Delta Air Lines, United Airlines e Virgin America. Tamén é unha cidade prioritaria para Allegiant Air, Air New Zealand, Qantas, Southwest Airlines, Spirit Airlines e Volaris.
Como o aeroporto internacional máis grande da costa oeste dos Estados Unidos, LA é unha gran porta de entrada dende e cara Europa, Latinoamérica, Asia e Oceanía.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Notas
Referencias
Os Ánxeles