José João Craveirinha, nado en Maputo o 28 de maio de 1922 e finado o 6 de febreiro de 2003 na Xohanesburgo, foi un escritor e xornalista mozambicano. Prémio Camões en 1991. É considerado o maior poeta mozambicano.
Traxectoria José Craveirinha naceu no Xipamanine, en Lourenço Marques (actual Maputo), o 28 de maio de 1922, fillo de pai algarvio-portugués (de Aljezur) e nai ronga. Viviu coa nai, pai e madrasta.
Estudou na escola «Primeiro de Janeiro», pertencente aos masóns.
Como xornalista, colaborou nos periódicos mozambicanos O Brado Africano, Notícias, Tribuna, Notícias da Tarde, Voz de Moçambique, Notícias da Beira, Diário de Moçambique e Voz Africana. Fixo campaña contra o racismo no Notícias, onde traballaba, tendo sido o primeiro xornalista oficialmente sindicalizado.
Utilizou os seguintes pseudónimos: Mário Vieira, J.C., J. Cravo, José Cravo, Jesuíno Cravo e Abílio Cossa. Foi presidente da Associação Africana na década de 1950.
Estivo preso pola PIDE entre 1965 e 1969 por formar parte dunha célula da 4.ª Rexión Político-Militar da Frelimo. As súas ideas baseábanse na conciencia africana, a xustiza social, o anticolonialismo e a independencia nacional, que preocupou a toda África durante a segunda guerra mundial.
Foi o primeiro presidente da Mesa da Assembleia Geral da Associação dos Escritores Moçambicanos, entre 1982 e 1987. Na súa homenaxe, a Associação dos Escritores Moçambicanos (AEMO), en conxunto coa HCB (Hidroeléctrica de Cahora Bassa), instituíu en 2003, o Prémio José Craveirinha de Literatura.
A pesar de que a súa obra reflectiu a influencia dos surrealistas, está fortemente marcada por todo un carácter popular e tipicamente mozambicano. A súa poesía posúe un carácter social que radica nas camadas máis profundas do pobo mozambicano.
Obra
Chigubo (1980). Casa dos Estudantes do Império, 1964; 2d ed. Maputo: INLD. Poesía Cantico a un dio di Catrame (1966). bilingue português/italiano). Milán, Lerici. (trad. e prefacio Joyce Lussu). Karingana ua karingana (1982). Lourenço Marques, Académica, 1974. 2.ª ed., Maputo, Instituto Nacional do Livro e do Disco. Poesía. Cela 1 (1980). Maputo, Instituto Nacional do Livro e do Disco. Izbranie (1984). Moscovo, Molodoya Gvardiya (en ruso). Maria (1988). Lisboa, Portugal: ALAC (África Literatura Arte e Cultura). Poesía. Voglio essere tamburo (poetry). Venezia, Italia: Centro Internazionale della grafica di Venezia - Coop, 1991. Babalaze das Hienas (poetry). Maputo: AEMO, 1997. Hamina e outros contos (1987). Maputo: Njira, 1997. Contacto e outras crónicas (1999). Maputo: Centro Cultural Português. Poesia Toda (2000). Lisboa, Portugal: Caminho. Poesía Obra Poética (2002). Maputo: UEM. Poesía. Dikter (2002). Estocolmo: Ordfront. Poesía. Poemas da Prisão (2003). Maputo: Njira- Poesía. Poesia Erótica (2004). Maputo: Texto Editores. Poesía.
Premios
1959ː Prémio Cidade de Lourenço Marques. 1961ː Prémio Reinaldo Ferreira do Centro de Arte e Cultura da Beira. 1961ː Prémio de Ensaio do Centro de Arte e Cultura da Beira. 1962ː Prémio Alexandre Dáskalos da Casa dos Estudantes do Império, Lisboa, Portugal. 1975ː Prémio Nacional de Poesia de Itália. 1983ː Prémio Lotus da Associação de Escritores Afro-Asiáticos. 1985ː Medalha Nachingwea do Goberno de Moçambique. 1987ː Medalha de Mérito da Secretaria de Estado da Cultura de São Paulo, Brasil. 1991ː Prémio Camões. 1997ː Comendador da Ordem do Infante D. Henrique de Portugal.
Notas
Categoría:Nados en Maputo Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Escritores de Mozambique