O Partit Demòcrata Europeu Català (PDeCAT, en galego: Partido Demócrata Europeo Catalán), coñecido popularmente como Partit Demòcrata, foi un partido político republicano e independentista catalán creado o 10 de xullo de 2016 en Barcelona. Foi o partido sucesor da antiga Convergència Democràtica de Catalunya e definíase como «demócrata, catalanista, independentista, europeísta e humanista».

Historia Contexto histórico O proceso independentista catalán fixo que varios partidos políticos cataláns replantearan parte dos seus principios estatutarios. Durante a década de 2010, Convergència pasou do autonomismo ao soberanismo e posteriormente ao independentismo. Durante esa evolución, rompeuse a histórica coalición Convergència i Unió co seu socio Unió Democràtica de Catalunya. Ademais, no verán de 2014 o presidente fundador do partido, Jordi Pujol, confesou ter unha fortuna oculta no estranxeiro. Co obxectivo de pasar a páxina da corrupción no partido, a dirección do mesmo decidiu que era necesaria unha refundación, pero a causa de varias convocatorias electorais foise pospoñendo ata 2016. En xaneiro dese ano Artur Mas, en ser substituído por Carles Puigdemont como presidente da Generalitat, asumiu a tarefa de preparar a refundación do seu partido.

Fundación do partido thumb|esquerda|250px|Vista xeral do congreso fundacional do Partit Demòcrata Català. O 8 de xullo de 2016 celebrouse o último congreso de Convergència Democràtica de Catalunya, no que se acordou a súa refundación nun novo partido que tería o seu primeiro congreso entre o 8 e 10 de xullo. Inicialmente a dirección de CDC presentou dúas opcións para o nome do partido: Més Catalunya e Catalans Convergents, pero as bases do partido manifestaron o seu rexeito as dúas propostas e o 9 de xullo presentaron tres novas propostas consensuadas nunha comisión de asociados: Junts per Catalunya, Partit Demòcrata Català e Partit Nacional Català. O 10 de xullo, nunha primeira volta de votacións descartouse a opción de Junts per Catalunya, e na segunda, Partit Demòcrata Català impúxose por 871 votos enfronte aos 657 da opción de Partit Nacional Català. Despois da elección do nome, Demòcrates de Catalunya, a escisión soberanista de UDC, anunciou que emprendería accións legais xa que o novo nome podía dar lugar á confusión entre as dúas formacións.

Os candidatos a presidir a dirección nacional do partido realizaron un proceso de primarias, que se celebrou os días 23 e 24 de xullo na nova sede da rúa Provença de Barcelona. Días antes Jordi Turull e Germà Gordó anunciaron que non se presentarían, dando paso a novos candidatos. Aprováronse Artur Mas e Neus Munté como tándem presidencial e Marta Pascal e David Bonvehí como cordinadores xerais. Mercè Conesa gañou a Santi Vila nas eleccións á Presidencia do Consello Nacional.

Organización 250px|thumb|Artur Mas e Carles Puigdemont no congreso fundacional do partido. A dirección do Partit Demòcrata está encabezada por un presidente e unha vicepresidenta en parella mixta e representa o máximo órgano de representación institucional do partido, aínda que non ten funcións executivas. Un grao por debaixo atópase a dirección executiva formada por un coordinador xeral e once membros, seguindo criterios de paridade de xénero.

Tamén haberá un comité nacional, con 50 representantes das seccións territoriais, e un consello nacional con 300 integrantes. A asemblea nacional do partido reunirase aproximadamente cada dous anos.

Os membros do partido só poden compaxinar un cargo orgánico cun institucional e establécese un sistema de primarias para a elección de novos cargos, que terán unha limitación de oito anos, exceptuando os cargos de ámbito municipal.

Presidencia CargoNomeCronoloxíaNotasPresidenteArtur Mas i Gavarró23 de xullo de 2016Presidente da Generalitat (2010 - 2016)VicepresidentaNeus Munté i Fernández23 de xullo de 2016Conselleira da Presidencia e Voceira do Goberno (2015 - actualidade)

Dirección Executiva CargoNomeCronoloxíaNotasCoordinadora XeralMarta Pascal23 de xullo de 2016Deputada no Parlamento de CataluñaCoordinador OrganizativoDavid Bonvehí23 de xullo de 2016Deputada no Parlamento de CataluñaPresidenta do Consello NacionalMercè Conesa24 de xullo de 2016Alcaldesa de Sant Cugat del Vallès e presidenta da Deputación de BarcelonaÁrea de Estudos e ProxectosElsa Artadi23 de xullo de 2016ProxectosMarc Castells23 de xullo de 2016Alcalde de IgualadaInstituciónsMontse Candini23 de xullo de 2016Alcaldesa de Calella e deputada no Parlamento de CataluñaImplantación con novos sectoresAlbert Batet23 de xullo de 2016Alcalde de Valls e deputado no Parlamento de CataluñaComunicación e DatosLluís Soler23 de xullo de 2016Alcalde de DeltebreMobilización e AsociadosVanessa Farré23 de xullo de 2016Mundo LocalDavid Saldoni23 de xullo de 2016Alcalde de SallentMundo LocalLluís Guinó23 de xullo de 2016Alcalde de Besalú e deputado no Parlamento de CataluñaFormaciónMaria Dolors Tella23 de xullo de 2016Área MetropolitanaXavier Fonollosa23 de xullo de 2016

Ideoloxía O partido defínese como independentista e defende un estado catalán independente en forma de república. Para conseguilo non descarta realizar pasos «unilaterais» se España bloquea o resto de vías legais. Respecto do modelo social, o partido defende un estado de benestar onde «o sistema educativo, o sistema de saúde e a protección e a acción social sexan os fundamentos que sustenten unha igualdade real de oportunidades». Tamén defende a seguridade como unha das principais liberdades, quere establecer un discurso respecto da inmigración baseado nos «dereitos e as responsabilidades, a familia como un modelo aberto pero ao mesmo tempo como eixo central da sociedade, e a sustentabilidade, como unha nova realidade económica». En termos económicos, potencia a economía de mercado pero «cun rostro social». No campo da educación, continuarán apoiando a liberdade de escoller escola.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Partidos políticos de Cataluña