O aeroporto de Visby (IATA: VBY, ICAO: ESSV) é un aeroporto situado a uns 3,5 km ao norte da cidade sueca de Visby, en Gotland. Trátase do único aeroporto comercial da illa e é o 12º máis grande de Suecia. Polas súas instalacións pasaron 406 906 pasaxeiros no ano 2014. O tráfico ten unha gran variación estacional con moitos máis pasaxeiros no verán ao ser o principal destino de vacacións interno do país; en 2010 tivo 17 606 pasaseiros en xaneiro e 51 193 en xullo. Durante a Almedalsveckan (a semana política de Visby) o aeroporto é coordinado, ao aumentar drasticamente o número de voos eses días.

As súas intalacións están compartidas co escuadrón F 17 da forza aérea sueca.

Historia En 1938 o parlamento sueco decidiu construír un aeroporto civil ás afóras de Visby e o 27 de xaneiro de 1944 as instalacións foron inauguradas. O primeiro avión en aterrar foi un Junkers Ju 52 chamado Göteland de AB Aerotransport. En outubro dese ano iniciouse o tráfico regular entre Visby e o continente nun principio principalmente con avións Ju 52. O principal destino e orixe do tráfico do aeroporto era o aeroporto de Bromma, inaugurado en 1936. En 1958 construíuse unha nova terminal, unha nova torre de control e inaugurouse unha nova pista asfaltada. Ademais ese ano a Luftfartsstyrelsen (autoridade de avión civil sueca) rebaixou as súas taxas aeroportuarias. A actual torre de control e a nova terminal inauguráronse no ano 1985.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros miniatura|300px|ATR 72 de BRA aterrando no aeroporto de Visby

Carga

Notas

Visby